Máis que CIG-Autonómica
O Goberno español do PP aproveitou o último Consello de Ministros do ano 2011, celebrado o pasado 28 de decembro, para aprobar o desenvolvemento da reforma das pensións tramitada polo PSOE que eleva a idade de xubilación até os 67 anos. A nova normativa establece un período de transición no que se incrementará de xeito progresivo até 2027 e fixa o cómputo para o acceso ao cobro da prestación en 25 anos.


Taboa_Pensions. O Executivo de Rajoy pechou o ano coa aprobación do texto que desenvolve a lei 27/2011 de reforma do sistema público de pensións, tramitada no último mandato de Zapatero co apoio dos sindicatos CCOO e UGT e que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro.

A normativa establece un atraso progresivo da idade de xubilación até os 67 anos en 2027 e fixa o xeito en que se fará a transición [consultar táboa]. Para poder xubilarse os 65 anos  hai que ter cotizado á Seguridade Social durante 38 anos e seis meses, o que suporía traballar dende os 26 anos de maneira ininterrompida.

Outro dos cambios que introducidos ten que ver co cómputo para o acceso ao cobro da pensión. Até o de agora o cálculo facíase sobre os últimos 15 anos cotizados, pero tras a aprobación da normativa o cobro da prestación determinarase en función dos últimos 25 anos. Isto suporá no futuro unha baixada masiva da contía da pensións.

Xubilación voluntaria anticipada en suspenso

Unha das novidades foi o establecemento da suspensión durante tres meses (até marzo de 2013) da figura da xubilacion voluntaria anticipada, que foi creada na ultima reforma das pensións por Zapatero e estaba previsto que entrase en vigor o 1 de xaneiro de 2013.

O goberno central anunciou que a suspension será por tres meses para chegar a un acordo nese prazo no marco do pacto de Toledo para revisar esa figura, polo que agora mesmo existe incertidume sobre a futura continuidade desta nos termos actuais.