Máis que CIG-Autonómica
12-12-27 Area publica 001 A Área Pública da CIG considera “indecente” que se presente como un “recoñecemento” ao seu esforzo a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo en xaneiro.

Mentres Feijoo se reunía co seu goberno no Consello da Xunta, traballadoras/es do sector público concentrábanse en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao novo recorte que se aplicará nos seus salarios en 2013.

Ao berro de “mans arriba, isto é un atraco”, denunciaron as súas cada vez máis precarias condicións laborais e as “mentiras” tanto do Presidente, como dos conselleiros. Para a Área Pública da CIG é, ademais, “indecente” que se presente como un “recoñecemento ao seu esforzo” a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo no mes de xaneiro, logo do “saqueo” do que están sendo vítimas, cando se lles recortará nesa e na seguinte paga extra e cando se lles adebeda a deste Nadal. Adiantan xa que ante isto, convocarán mobilizacións.

Desde hoxe é oficial. Máis de 90.000 traballadoras e traballadores do sector público verán rebaixados os seus salarios. Así o acordou o Consello da Xunta, facendo efectiva a proposta que se lles presentaba o pasado venres ás organizacións sindicais na Mesa Xeral da Función Pública e que se traduce nun recorte dun 4% do total da masa salarial das/os empregadas/os públicas/os de Galiza para 2013.

Á espera de coñecer os detalles, e segundo o anunciado na Mesa, nas retribucións de cada traballador/a vaise aplicar esa redución nas pagas extra de xullo e setembro, sacándolle o complemento específico a todo o persoal da administración. Así, en función da súa contía, isto suporá unha rebaixa nas retribucións anuais de entre o 3% e o 7%. Deste xeito, collendo só os tres últimos anos, desde a rebaixa salarial de 2010, a perda acumulada de poder adquisitivo dos empregados e empregadas públicos/as achegaríase xa ao 30%.

Desde a Área Pública da CIG aseguran que isto é “un saqueo en toda regra”. Por iso manifesta a súa indignación ante o anuncio de Feijoo de que poderán solicitar, de forma voluntaria, un adianto do 50% da paga extra de xullo. “E pensarán que aínda temos que estar agradecidos, cando xa nos roubaron a paga extra deste Nadal e seguirán a reducir os nosos salarios e empeorar as nosas condicións laborais”.

Para a Área Pública da CIG, a partir de agora só queda a vía de debate parlamentar dos orzamentos. “Agardamos que o PP non pase rodillo facendo, máis unha vez, uso da súa maioría e que rectifique. Estas medidas só serven para afondar na destrución dos servizos públicos, un camiño que emprenderon desde que chegaron ao goberno e que neste ano 2013 se agravará de forma considerábel”. Entende que debería darse, dunha vez por todas, un debate real no Parlamento “non só sobre os recortes nos gastos, senón tamén nas políticas de ingreso, tantas veces demandadas desde a central sindical”. Do contrario, advirte de que se abrirá a espita para a externalización dos servizos públicos que ten que prestar a propia administración e “acabará por se converter nunha feira de saldos para as empresas privadas concorrer aos concursos para a súa prestación, de maneira que ese suposto aforro vaise traducir no seu encarecemento e nunha perda de calidade que xa estamos a padecer neste momento”.

En todo caso, a Área Pública da CIG subliña que non se trata unicamente dun recorte salarial e de condicións de traballo do persoal senón que o mantemento das taxas de reposición cero, as amortizacións de todas as vacantes que se producen e a non cobertura de postos de traballo está a afondar aínda máis na desaparición dos servizos públicos. “Aprobar agora unha medida deste calibre so pretexto de cumprir o obxectivo do déficit, cando non dixeron nada durante a campaña electoral malia sabelo, é cando menos un insulto á intelixencia de todas e todos os empregados públicos”.

No mesmo sentido se expresa CIG-Ensino, para quen se trata dun acto “ilexítimo”, ao estaren aprobando medidas contrarias ás que o PP presentou na campaña electoral. “Trátasenos aos cidadáns e cidadás como súbditos e non como cidadáns de pleno dereito”. A isto engade que é unha proposta “fraudulenta” que “só os trileiros son capaces de efectivizar cando veñen de dicir todo o contrario do que están a facer”.

Xunto a isto afirma que no Consello da Xunta “consumouse unha agresión máis a todo o profesorado galego na medida en que se aprobou un proxecto de orzamentos que introduce novos recortes no ensino e reduce aínda máis os nosos salarios ao roubarnos parte das nosas retribucións, suprimindo os complementos específicios das pagas extra”. Por iso adianta xa que a CIG-Ensino fará un chamamento a que o profesorado participe nas mobilizacións que convoque a área pública no seu conxunto contra estes novos recortes.

Perda salarial e non incremento

Na concentración denunciáronse ademais as mentiras e manipulacións do Presidente da Xunta. De feito, fronte as declaracións de Feijoo, que tras do Consello da Xunta reiteraba que mellorará o poder adquisitivo de empregados/as públicos/as nun 3% en 2013, o certo é que o recorte salarial entre o profesorado suporá, segundo cálculos da CIG-Ensino, entre 850 e 1.500 euros en cada paga extra. Na Administración, oscilará entre os 805 e os 3.130 euros e no caso do persoal do SERGAS descoñécese aínda a canto se elevará porque non se lles explicou en que complementos se vai aplicar. Desde a CIG-Saúde explican que o seu complemento especifico é moi inferior, en contía, ao do resto do persoal das administracións públicas polo que, para reducir nun 40% as pagas extra, terán que recortar tamén noutros conceptos.

Falsa progresividade

Pola súa banda, o sector da Autonómica da CIG-Administración denunciou as afirmacións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen declarou que o maior esforzo váiselle pedir a aqueles coas retribucións máis altas e que será sensibelmente menor para os demais. Fronte a esta suposta progresividade nos recortes, afirman que o recorte terá máis incidencia proporcional nos grupos baixos. Como exemplo sinalan que para un conserxe de Instituto a rebaixa salarial será dun 4,89%, mentres que para un subdirector xeral será do 5,97%. “Moi lonxe do que di a administración, que afirma que haberá catro puntos de diferenza”.

Recortes ao persoal funcionario.

Grupos- Establécense en función da titulación de acceso (antigas titulacións):

Grupo A1- Licenciado, arquitecto ou enxeñeiro

Grupo A2- Diplomado universitario

Grupo C1- Bacharelato

Grupo C2- Graduado Escolar

Grupo E- Certificado de escolaridade

Nivel- Relacionado cos complementos do posto de traballo, podendo ser ocupados moitos postos de similar nivel por persoas de Grupos diferentes.


% de reducción

Importe total do recorte

Nível

A1

A2

C1

C2

E

30

5,97%





3.129,40 €

28A

5,26%

5,57%




2.378,24 €

28B

4,97%

5,27%




2.173,32 €

26

4,87%

5,19%




1.961,00 €

25

4,65%

4,98%

5,53%



1.752,36 €

24

4,41%

4,73%

5,29%



1.585,40 €

22

3,94%

4,26%

4,82%



1.293,30 €

20

3,51%

3,82%

4,37%

4,74%


1.056,16 €

18


3,64%

4,20%

4,58%


959,46 €

16


3,65%

4,24%

4,64%


930,98 €

14



4,23%

4,65%

4,83%

889,20 €

12




4,66%

4,86%

847,50 €

10





4,89%

805,76 €



Recortes en ensino

Mestres e Mestras

Ténicos e técnicas de F.P.

Profesorado Secundaria

Catedráticos e Catedráticas

Paga Ordinaria

Paga Extra

Paga Ordinaria

Paga Extra

Paga Ordinaria

Paga Extra

Paga Ordinaria

Paga Extra

Salario

958,98

699,38

958,98

699,38

1109,05

684,36

1109,05

684,36

Complemento Destino

473,35

473,35

582,92

582,92

582,92

582,92

698,2

698,2

Trienios

34,77

25,35

34,77

25,35

42,65

26,31

42,65

26,31

Complemento Específico

539,29

0

539,29

0

539,29

0

598,28

0

Titoría e outras funcións docentes

43,62

0

43,62

0

43,62

0

43,62

0

Total:

2050,01

1198,08

2159,58

1307,65

2317,53

1293,59

2491,8

1408,87

En cada extra deixan de ingresar

Sen sexenios

851,93

851,93

1023,94

1082,93

Con 1 sexenio

911,14

911,14

1083,15

1142,14

Con 2 sexenios

987,27

987,27

1159,28

1218,27

Con 3 sexenios

1088,8

1088,8

1260,81

1319,8

Con 4 sexenios

1232,61

1232,61

1404,62

1463,61

Con 5 sexenios

1274,9

1274,9

1446,91

1505,9

Nota:

Tamén se deixarán de percibir nas extras o complemento específico referente á Xefatura de Departamento, cargos directivos, ...