Berta Castaño, delegada da CIG na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial, recibiu o Premio 8 de marzo por parte da Secretaría da Muller da CIG. Un premio máis que merecido que recoñece a dignidade e valor de Berta ao facerlle fronte a unha situación de acoso continuado que pretendía doblegala a ela e por extensión ao resto dos/as traballadores/as.
Ser candidata e logo delegada da CIG, ao igual que outros/as compañeiros/as, non é doado na Fundación, e por iso tivo que soportar un clima laboral hostil, o despedimento mentras estaba embarazada, o acoso constante. Pero lonxe de desfalecer mantívose en pé, e por iso que vaia o recoñecemento de todos/as nós para todos os/as compañeiros/as que sofren estas prácticas e moi especialmente para Berta, pola súa actitude de loita que nos dignifica a todos/as.