Máis que CIG-Autonómica

Emprego, dereito á negociación colectiva e dereito á soberanía nacional son os tres grandes eixos arredor dos que a CIG conmemora este ano o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. Con este motivo, convocaranse manifestacións, o vindeiro domingo en todas as cidades, a central en Ferrol, baixo o lema “Contra a pobreza e a explotación. Salvemos os nosos convenios”.

Xunto a isto e coindicindo co 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, relizaremos diversos actos na defensa dos intereses e dos dereitos das mulleres.

Calendario de actos programados

 Día da clase obreira galega -Manifestacións-

-Ferrol: 12:30 horas, Avenida do Esteiro (local da CIG).

-Vigo: 11:30 horas, Cruce de Lepanto con Gran Vía.

-A Coruña: 12:00 horas, Praza de Vigo.

-Compostela: 12:30 horas, Praza Roxa.

-Lugo: 11:30 horas, Ronda da Muralla (local da CIG).

-Ourense: 12:00 horas, Pavillón dos Remedios

-Pontevedra: 12:00 horas, Praza da Ferrería.

 

Día da muller traballadora

A Secretaría da Muller da CIG convídate a participar na XORNADA NACIONAL DE LOITA nas seguintes concentracións:

- A Coruña,  8 de marzo ás 12 h, diante da empresa EUROCEN,

- Compostela, 8 de marzo ás 12 h, diante da oficina da Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza, en Área Central

- Lugo, 8 de marzo ás 12 h, diante do Gran Hotel de Lugo

- Ourense, 8 de marzo ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios/as.

- Pontevedra, 6 de marzo na chamada praza 8 de marzo, logo dunha asemblea de delegadas/os

- Vigo e Ferrol, en resposta ás duras condicións laborais impostas no convenio das grandes superficies comerciais (8 de marzo ás 12 horas; en Vigo diante do Corte Inglés, e en Ferrol diante do Centro Comercial Odeón)

Alén destas concentracións de traballadoras, a CIG participará nas concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, á tarde do día 8 en Vigo, Ourense, Cee e Ferrol,  na concentración cidadá prevista na Coruña contra o peche do Centro de Orientación Familiar da Coruña o día 8 de marzo ás 20 horas no Obelisco, e como organización convócante xunto con outras asociacións e entidades feministas na mobilización nacional que sairá o día 9 de marzo ás 12:30 horas da Estación de tren de Compostela, baixo o lema Mulleres Galegas en loita polos nosos dereitos!