Está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 360 euros por cada crianza. Un ano máis, a Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.
Poderán beneficiarse desta prestación aquelas aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidas/os entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
O prazo de solicitude é de 40 días naturais (até o vindeiro 11 de maio).