A cota sindical é un gasto deducible dos rendementos do traballo. Porén, nos datos fiscais que ten a Axencia Tributaria non aparece reflectido. Xa que logo, para facer efectiva a dedución das cantidades aboadas neste concepto durante o ano 2012, tedes que modificar o borrador ou incorporalas ao recadro 011 da declaración do IRPF. Non é necesario achegar ningún xustificante.
Como todos os anos, a CIG porá a disposición da súa afiliación un servizo de asesoramento para realizar a declaración da renda. Consultade as datas e horarios deste servizo nos vosos locais comarcais. Toda a información necesaria sobre a Renda 2012 podédela atopar no seguinte enlace.