A Sala do Social do Tribunal Supremo adoptou nun pleno non xurisdicional un acordo sobre as taxas na Orde Social con motivo das múltiples dúbidas xurdidas nos órganos xurisdicionais tras a entrada en vigor da Lei de Taxas (Lei 10/2012) e a súa posterior modificación polo RDL 3/2013.
A este respecto, a Sala Cuarta (do Social) do Tribunal Supremo, en Pleno non xurisdicional celebrado o 5 de xuño acordou:
1) Para a tramitación dos recursos de suplicación e casación non son esixibles taxas ao traballador, nin ao beneficiario da Seguridade Social, nin ao funcionario ou persoal estatutario, que interpoñan recursos de suplicación ou de casación na Orde Social, nin sequera respecto de recursos interpostos con anterioridade ao RDL 3/2013.
2) Tampouco son esixibles as Taxas aos sindicatos para a interposición de recursos de suplicación nin de casación, xa unificadora, xa ordinaria, ante a Xurisdición Social, nin sequera respecto de recursos interpostos con anterioridade ao RDL 3/2013.