Máis que CIG-Autonómica

Convoca protestas en todo o país este xoves para reclamar unhas prestacións dignas

A CIG decidiu intensificar a campaña que está a desenvolver en defensa das pensións ante o grave perigo que corre o sistema público como consecuencia da ofensiva do Goberno español do PP e da gran banca para promover os plans de pensións privados. O colectivo de Xubilados/as e Pensionistas convoca unha ducia de mobilizacións nas sete cidades e en varias vilas do país este xoves día 15 de marzo.

A central, que promove estas protestas no marco da campaña para reclamar emprego, salarios e pensións dignas, decidiu convocar manifestacións e concentracións nas sete cidades galegas e nas localidades de Lalín, As Pontes, Boiro, Cee e Burela en horarios que van dende as 11:00 até as 19:30 horas. No centro das reivindicacións, evitar o “roubo” das pensións públicas, garantir o nivel adquisitivo das prestacións e derrogar as últimas reformas aprobadas por PSOE e PP.

Entre as principais demandas salientan o adianto da idade de xubilación, como mínimo aos 65 anos; a equiparación da pensión mínima ao salario mínimo; que a actualización anual das pensións sexa equivalente, como mínimo, ao IPC; rematar coas bonificacións e descontos para o empresariado nas cotizacións; a supresión do límite máximo de cotización para os salarios máis altos; e acabar co uso indebido dos fondos da caixa da Seguranza Social, dedicándoa a financiar as pensións contributivas, de viuvez e orfandade, e asumindo as demais pensións asistenciais e subsidios mediante os Orzamentos Xerais do Estado.

Neste senso, advirten que os ataques ao sistema público de pensións pretenden xustificar o seu desmantelamento para introducir plans privados destinados a enriquecer a banca e as grandes empresas e lembran que as reformas de PP e PSOE dificultaron o acceso ás pensións, empobrecéronas e atrasaron a idade de xubilación.

Sinalan que a pensión media en Galiza é 15 puntos máis baixa que a media estatal, situando o noso país como o segundo territorio coas prestacións máis baixas despois de Extremadura, ao tempo que critican que as mulleres sexan as máis prexudicadas ao ter vidas laborais precarias e con lagoas nas cotizacións. Finalmente, reiteran que as pensións públicas deben ser garantidas pola Administración.

Lugares e horarios das mobilizacións

  • A Coruña: Obelisco, 11:30h
  • Cee: Praza do Concello, 12h
  • Boiro: Praza do Concello, 11h
  • Santiago: Praza de Galiza, 19:30h
  • Ferrol: Praza Amada García (edificio Xunta), 12h
  • As Pontes: Praza do Concello, 19:30h
  • Pontevedra: Praza da Peregrina, 19:30h
  • Lalín: Praza da Igrexa, 19h
  • Vigo: A Dobrada, 18h
  • Lugo: Praza Maior, 19h
  • Ourense: Subdelegación do Goberno, 18:30h
  • Burela: Praza da Mariña, ás 19

Outras novas recentes

Xoves, 25 Mai 2023

Os negocios da Vicepresidencia Segunda da Xunta co Colexio de Psicoloxía de Galiza e coa Asociación Nacional de Peritaxe Social

A saturación nos equipos psicosociais dos IMELGA, da Xunta de Galiza, que presentaban un atraso na elaboración de informes periciais, nalgunhas delegacións de ata 2 anos, foi unha das críticas expostas polo propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) na apertura do ano xudicial en setembro de 2022. A resposta inicial da Xunta foi o incremento de horas extras do...
Xoves, 25 Mai 2023

RPT de Augas de Galiza (para MX 29/05/23 e CP 30/05/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Comisión de Persoal que serán, respectivamente, o luns 29/05/23 e martes 30/05/23, coa seguinte Orde do día: RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE AUGAS DE GALIZA Descargar Esta modificación comezou a súa tramitación cos sindicatos o 4 de outubro do 2022. Case oito meses...
Xoves, 25 Mai 2023

Resolución do concurso de Finanzas

Recibimos comunicación da Dirección Xeral da Función Pública na que nos informa de que a resolución do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas superior e técnica de finanzas, convocado por Resolución do 14/07/2021, será publicada no DOG do luns 29 de maio.