Este sábado, 13 de marzo, tivo lugar a V Asembleia Nacional do sector autonómico da CIG, onde os 159 compromisarios e compromisarias eleitas previamente nas distintas asembleias comarcais procederon a renovar os órgaos de dirección. O resultado foi o seguinte:
Secretario Nacional:
- Fernando García Fernández
Executiva Nacional
- Fernando García Fernández
- Mar Peteira Cabana
- Manuel Gallardo Canitrot
- Alexandre Prieto Giráldez
- Erea Estévez Campos
- Gerardo Alvaredo Maceda
- Uxío Zabala Iglésias
Dirección Nacional do sector autonómico, á que hai que sumar os membros da Executiva, e pendente da incorporación de mais membros eleitos nas distintas comarcas e seccións sindicais:
- Adolfina Campo Locay
- Mar Aldrey Delgado
- Bernardina Porral Mosquera
- Roxerio Roxo Carrillo
- Felisa González León
- José Luís Álvarez Fernández
- Alexandre Banhos Campo
- Juan José Vidal Rodríguez
- Daniel Carballo Penelas
- Manuel Facorro Casal
- Mar Peteira Cabana
- Xan Carlos Ansía Rodríguez
- Rafael Aguirrebengoa Esnaola
- Eduardo Freire Bargados
- Cristina Hermida Moinelo
Representantes do sector ante a Dirección Nacional da Federación de Administración Pública:
- Cristina Terrón Pérez
- Rosa Paz Seco
- Xoán Xosé González Canedo
- Uxío Zabala Iglesias
- Mar Peteira Cabana
- Neves Somoza López
Xunto co informe de xestión e a aprobación do regulamento de funcionamento do sector, debuxaronse unha serie de liñas a seguir.
A situación de crise económica e financeira internacional reflíctese na reformulación de políticas de reducción do gasto público que se expresan en forma de contención salarial, reducción das contratacións, reducción das ofertas de emprego.. Políticas neoliberais que van ter consecuencias graves no eido laboral do noso sector e que non poden máis que desembocar nun camiño de mobilizacións.
Retos inmediatos para a CIG-Autonómica son a negociación da nova Lei de Función Pública, que garanta e avance nos dereitos dos empregados públicos, que artelle un sistema de acceso ao emprego público restándolle esta facultade aos Organismos Autónomos, entes, axencias, que plasme un catalogo de permisos e licenzas avanzado, que poña en marcha a carreira profesional, e que salvagarde á administración das privatizacións, free o medre da administración paralela, e free a sangría das arcas públicas pola contratación de empresas.
Xunto con estes elementos obxectivos atopamos outros subxectivos referidos á liña sindical seguida até hoxe, ás decisións que temos tomado nestes anos, moitas delas acertadas, outras non, que con sentido autocrítico debemos salientar para corrixilas.
Todo isto e moito máis debe levarnos a reflexionar sobre si o que hoxe é a CIG se corresponde coas necesidades da clase para afrontar unha etapa dura de cambios, unha etapa na que se debe pronunciar o traballo sindical.
Compre, xa que logo, mudar a nosa estructura e adaptar a acción sindical as condicións políticas, económicas e sociais cambiantes, ao cambio de goberno co que implica, ás novas políticas de persoal, ao contexto de crise económica, ao medre de traballadores que caen baixo o noso ámbito, ao medre de afiliación..
Para iso temos que pasar dun modelo onde primaba a figura do Secretario Nacional, apenas amparado por unha Executiva na que os seus membros tiñan outras responsabilidades nas súas comarcas, a un novo modelo, como o que nos acabamos de dar, cunha executiva presta ao traballo en exclusiva e preparada para asumir novas tarefas sobre si.
Son moitos os elementos sobre os que temos que reflexionar, sendo as liñas maestras que deben guiar o facer da CIG como o sindicato nacionalista e de clase que os traballadores e traballadoras da Administración autonómica precisan, as seguintes:
- Independencia e soberanía sindical
- Consolidar a iniciativa sindical onde a temos, e retomala onde se perdeu.
- Dinamizar a organización creando grupos de traballo, potenciando a Dirección Nacional e fomentando a participación de todos os delegados e delegadas nas decisións fundamentais.
- Repensar o acervo sindical fuxindo da “tradición” nas decisións e conductas que adoptamos cando non forman parte dos nosos principios e obxectivos.
- Flexibilidade nas formas, e firmeza nos principios.
- Renovar a panoplia do delegado sindical; cada delegado/a é CIG alí onde está.
- Imprimir carácter nacional ao traballo dos/as delegados/as. A potencialidade que ten a CIG, a través dos seus delegados e delegadas non se pode esgotar no chiringuito de ninguén e ten que traspasar barreiras, ten que proxectarse máis alá.
A defensa dos dereitos laborais, e as reivindicacións mais propias do ideario político, como son a defensa dos servizos públicos e a vixianza permanente e denuncia da corrupción, chanchulleos, etc, son os dous pés sobre os que debemos camiñar, pois non estamos só para conseguir melloras laborais, senon que somos centinelas da cousa pública.
Estamos para a mellora das condicións materiais da existencia dos traballadores e traballadoras, e para crear conciencia de clase e nación. Estamos para defender os dereitos laborais da clase no noso sector e para defender o carácter público da Administración. Estamos por defender as conquistas sociais e por definir unha Administración galega ao servizo de traballadores, do pobo e da cidadanía galega en xeral.
En definitiva, esta é a filosofía que consideramos debe inspirar e conformar a nosa política sindical e que debe impregnar a nosa acción sindical.