Máis que CIG-Autonómica

Folga xeral de mulleres, as mulleres empregadas públicas da administracion da Xunta de Galiza iremos a folga este 8 de Marzo

As delegadas da CIG iniciamos unha campaña baixo o lema “Fartas do Acoso e da violencia machista” donde aproveitaremos as visitas aos centros de traballo para concienciar da importancia de levar a cabo esta folga, denunciando así as as discriminacións e violencias ás que teñen que facer frente as mulleres dentro e fóra do ámbito laboral polo mero feito de ser muller.

Ao remate deste lV encontro e a consecuencia das terribles sentenzas que se están dando decidiuron concentrarse diante dos xuzgados de Santiago para esixir que non haxa “NinUnhaMáis”acosada no traballo, agredida física, psicolóxica ou sexualmente, nin unha máis que sufra violencia económica, patrimonial, simbólica, obstétrica ou institucional”

Dende a Secretaria da Muller da CIG alertase do incremento das agresións nun 17,5% máis que o ano anterior, do aumento de mulleres víctimas de violencia machista e de que máis de medio centenar  de mulleres foron asasinadas por parellas ou exparellasnos últimos 15 anos e que houbo 3 feminicidios na nosa comunidade no 2018.

Esta situación tan terrible e o que nos levou ás multitudinarias mobilizacións nas que as galegas enchemos as rúas deste país pedindo que necesitamos cambios reais, e non só medidas cara a galería.

Todas as mulleres estamos chamadas a participar nas mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas de Galiza e a secundar a folga xeral do vindeiro 8M.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Mai 2023

Resolución do concurso de Finanzas

Recibimos comunicación da Dirección Xeral da Función Pública na que nos informa de que a resolución do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas superior e técnica de finanzas, convocado por Resolución do 14/07/2021, será publicada no DOG do luns 29 de maio.
Xoves, 18 Mai 2023

Modificación da RPT do SPIF de cara á funcionarización (en CP 16/05/23)

Na Comisión de Persoal do pasado día 16 de maio aprobouse a RPT de funcionarización do SPIF co voto en contra da CIG. Este foi un proceso que “comezou polo tellado” e dende a CIG sempre defendimos un proceso transparente, que facilitara toda a información que permitira ao persoal do servizo de incendios tomar a decisión de funcionarizarse ou non con tódalas garantías e...
Xoves, 25 Mai 2023

RPT de Augas de Galiza (para MX 29/05/23 e CP 30/05/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Comisión de Persoal que serán, respectivamente, o luns 29/05/23 e martes 30/05/23, coa seguinte Orde do día: RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE AUGAS DE GALIZA Descargar Esta modificación comezou a súa tramitación cos sindicatos o 4 de outubro do 2022. Case oito meses...