Máis que CIG-Autonómica

Ten en conta que moitas persoas traballadoras aínda non percibiron o ingreso das súas prestacións.

Diante desta situación e co ánimo de contribuír a non dificultar esa situación económica, o Secretariado Confederal da CIG acordou atrasar un mes o cobro da cota sindical que correspondería realizar no vindeiro mes de maio. Deste xeito o cargo do recibo correspondente ao 2º trimestre do ano realizarase na primeira quincena do mes de xuño, na vez de no mes de maio como correspondería.

Isto, así mesmo, supón que, polos prazos establecidos para os diferentes procedementos bancarios, tamén retrasará o cargo dos recibos dos 3º e 4º trimestres deste ano, de tal xeito que o 3º trimestre pasará a ser cargado nos primeiros días de setembro, na vez de en agosto e o 4º trimestre, previsibelmente, arredor do día 15 de novembro.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Mai 2023

Cobertura de prazas de Medio Rural e a funcionarización

Nova oferta de comisións de servizo e chamamentos polas listas de contratación para a cobertura de prazas no Servizo de Incendios (SPIF) Nestes días estamos a vivir un novo episodio do caos que se está a producir co proceso de funcionarización do SPIF. Dende a Consellería de Medio Rural enviáronos unhas listaxes con prazas para a súa cobertura mediante comisión de servizos...
Xoves, 25 Mai 2023

RPT de Augas de Galiza (para MX 29/05/23 e CP 30/05/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Comisión de Persoal que serán, respectivamente, o luns 29/05/23 e martes 30/05/23, coa seguinte Orde do día: RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE AUGAS DE GALIZA Descargar Esta modificación comezou a súa tramitación cos sindicatos o 4 de outubro do 2022. Case oito meses...
Xoves, 18 Mai 2023

Conciliación, carreira, FISP, EVO´s, procesos selectivos e Política Social (información da CP 16/05/2023)

Resumo dos “rogos e preguntas” da Comisión de Persoal do pasado 16 de maio, onde o director xeral de Función Pública deu a información que trasladamos. PROCESOS SELECTIVOS Calendario: publicaron o calendario onde figuran xa todos os procesos convocados (95 procesos) de libre e estabilización. Procesos pendentes de rematar: é probable que a semana que vén remitan as prazas...