Máis que CIG-Autonómica

A Xunta impón uns servizos mínimos abusivos para que o persoal empregado público non poda secundar a folga xeral.

A CIG chama a secundar de xeito masivo o paro e a manifestación que sairá ás 12h do Hospital de Burela.

A Mariña, ao igual que todo o norte do país, vive un proceso de desmantelamento industrial e esmorecemento económico, laboral e social agónico, tras anos de peches de empresas sen alternativas para asentar novas industrias que permitan xerar postos de traballo de calidade, déficit histórico de infraestruturas e deterioración progresiva dos servizos públicos polo que o dia 17 de novembro temos convocada unha Folga Xeral en toda a comarca.

Para esta folga da que se espera un grande seguemento, a Xunta de Galiza impón uns servizos mínimos novamente abusivos, incrumpindo a sentenza do TSXG sobre os servizos mínimos decretados na folga do 8 de marzo, impondo a presenza do 100 % do persoal coidador, de limpeza e comedor nos centros escolares públicos, agravada nesta ocasión ao decretar para os centros de ensino privados a presenza dunha soa persoa da limpeza e unha de comedor en cada centro.

Ademais disto teñen o cinismo de argumentar que o dereito fundamental á educación obriga a manter o 100 % das liñas escolares e do “transporte integrado” de máis de 4 kilómetros. Levan anos incumprindo o dereito á educación das persoas que viven no medio rural, desmantelando os servizos públicos, pechando centros escolares, servizos de comedor… e agora utilizan a súa propia política de abandono para xustificar o intento de boicot a outro dereito fundamental: o dereito de folga.

Tamén teñen a desfachatez de argumentar a necesidade de garantir unha protección e atención axeitada ás persoas usuarias da residencia de maiores de Burela para impór uns servizos mínimos moi superiores aos dunha fin de semana. Acaso consideran que as fins de semana non se garante a protección e atención adecuada ás persoas residentes?

Os dirixentes políticos do PP na Xunta de Galiza non se paran ante nada á hora de tentar boicotear a folga xeral de A Mariña e vulnerar o dereito á folga, argumentar falacias ou incuprir sentenzas do TSXG. Queren obrigar a abrir os centros dependentes da Xunta como se fose un día calquera e manter as liñas de transporte o mesmo, pero mañá A Mariña vai parar e vai dicir “abonda de políticas neoliberais desmanteladoras do tecido industrial e dos servizos públicos”.

A MARIÑA TEN FUTURO !!!!!

Folga Xeral na Mariña 17N

Outras novas recentes

Luns, 20 Marzo 2023

Acordo "biólogos/as de zona", RPTs (Mar e Política Social), modificación equivalencias funcionarización (para CP e MX 22/03/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal e outra da Mesa Xeral de Empregados Públicos que serán o mércores 22/03/23, coas seguintes ordes do día: Comisión de Persoal Proposta de acordo entre a Consellería do Mar e as organizacións sindicais sobre as condicións de traballo de prazas adscritas aos servizos periféricos (biólogos/as...
Venres, 17 Marzo 2023

EGAP: cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos

A EGAP publica no DOG do 17/03/2023 a Resolución pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e para o persoal ao servizo da...
Luns, 20 Marzo 2023

Plan de Igualdade da Xunta de Galiza: remisión da enquisa a todo o persoal

A elaboración dun Plan de Igualdade conta con diferentes fases reguladas na correspondente normativa como son o Compromiso da organización (que foi publicado neste mes) e a Elaboración da Diagnose (que necesita da recollida de datos cuantitativos e cualitativos (enquisa) para poder avaliar as carencias e propor solucións). Estas fases son necesarias para poder elaborar o...