Máis que CIG-Autonómica

A CIG desenvolverá este ano, arredor do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia contra as Mulleres, unha campaña centrada na violencia exercida no traballo contra as mulleres baixo o lema “É acoso, é violencia machista no traballo”.

Convocatorias 25-N

A Secretaría das Mulleres da CIG ten previstas asembleas de delegadas e delegados da CIG para abordar esta cuestión e convocará mobilizacións en cidades e vilas, todas ás 12:00 horas. O obxectivo é visibilizar “unha violencia silenciada, da que non se recollen datos nas estatísticas, nin se fan campañas institucionais para a toma de conciencia social”.

En rolda de prensa, a secretaria das Mulleres, Nicolasa Castro Monteiro, sinalou que no Macroinquérito elaborado en 2019 pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero “non se aborda de forma específica a violencia no traballo” e só se indica que de entre as 9.568 mulleres maiores de 16 anos, o 6,6 % sufriron violencia sexual no traballo e que o 17,3% identifican o agresor como persoa do entorno laboral. Engade que "ss empresas incumpren coa obriga de teren un protocolo para a prevención e tratamento do acoso” asegurou, incumprindo así a Lei de Igualdade, en vigor desde 2007.

Dende a CIG insistimos na necesidade de pór en marcha as medidas necesarias para esixirmos a elaboración destes protocolos, a súa difusión e os mecanismos tanto preventivos como de resolución de denuncias.

As mobilizacións convocadas pola CIG para a propia mañá do 25 de novembro non serán as únicas da xornada, por iso facemos un chamamento a participar nas mobilizacións, concentracións e accións de rúa convocadas polo movemento feminista en Galiza, e concretamente nos convocados pola Marcha Mundial das Mulleres, da que a CIG forma parte:

http://feminismo.info/feminismo/

PARTICIPA!

Outras novas recentes

Martes, 14 Marzo 2023

Flexibilidiade por conciliación, RPTs (Mar e PS), funcionarizacion limpeza e cociña (para MX 17/03/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos que será o venres 17 de marzo, coa seguinte Orde do día: 1. Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral correspondente ás especialidades de persoal de limpeza e cociña (V-001 e V-011)....
Venres, 17 Marzo 2023

A CIG gaña a demanda contra o Consorcio pola suspensión de contratos nas vacacións

A CIG gañou o conflito colectivo presentado ante o TSXG polo que este declarou nula a cláusula contractual na que se suspendía o contrato ao persoal substituto nos períodos vacacionais no que pechan as escolas infantís Nas Escolas Infantís da rede pública de cero a tres anos, a Administración galega castigaba ao persoal substituto ao non cotizar, non cobrar e non ter acceso...
Martes, 14 Marzo 2023

Comisión teletraballo (resumo do 10/03/2023)

Fomos convocados a unha xuntanza da Comisión de seguimento do teletraballo. Pola parte sindical asistiu só a CIG, como único asinante do Acordo. Dende a súa publicación en DOG fai algo máis de dous anos (07/01/2021), tan só houbo dúas xuntanzas da comisión de seguimento, a última en decembro de 2021. Por tanto, o primeiro que reclamou a CIG é que se cumpra o pactado en...