Máis que CIG-Autonómica

O compañeiro e ex secretario comarcal da CIG-Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, foi condenado por un delito de atentado á autoridade no marco dunha mobilización no ano 2012. En outubro dese ano, nun contexto sociolaboral de absoluto deterioro en Ferrolterra  (peche de empresas, perda de postos de traballo e deterioro xeral das condicións laborais) a cidadanía acudía a unha convocatoria dos comités de empresa de Poligal e Navantia diante do hotel Almirante, onde o PP, no goberno naquel momento, celebraba un acto de campaña. Despois de horas de protesta, a mobilización foi disolta por unha carga policial absolutamente desproporcionada e inxustificable, cun único obxectivo: perseguir e criminalizar a mobilización como ferramenta da clase traballadora para mellorar as súas condicións laborais e de vida.

Para cumprir o obxectivo de amedrentamento da loita obreira, e como mensaxe exemplarizante, non dubidaron en dirixir as agresións ao compañeiro Pintos. Foi ademais agredido e vexado tamén mentres permanecía detido e incomunicado na comisaría, e posteriormente rematado cunha sentenza xudicial que converte a vítima en verdugo. E todo isto coa aplicación máis humillante da chamada lei mordaza, unha lei que a día de hoxe aínda sigue vixente.

Demandar xustiza para Pintos, evitar a súa entrada no cárcere e que se consume este ataque á liberdade sindical, pasa por que toda a sociedade e as súas organizacións, con unidade e compañeirismo, academos ahttps://www.cig.gal/pintos- indulto-xa.html amnistía do compañeiro.

Durante o mes de outubro a CIG presentará a solicitude formal de indulto para o compañeiro Xesús Anxo López Pintos. A petición ao Goberno español estará acompañada das sinaturas recollidas ao longo destes meses en apoio á solicitude de indulto e que se faga xustiza co ex secretario comarcal da CIG de Ferrol.

Se aínda non asinaches, podes facelo nos pregos que atoparás en calquera dos locais da CIG ou a través do formulario web ao que podes acceder nesta ligazón:  https://www.cig.gal/pintos-indulto-xa.html, pero na medida do posíbel prégase facelo presencialmente.

Aínda que a Audiencia Provincial acordou a suspensión da pena, cómpre que se faga xustiza co compañeiro Pintos retirándolle na súa totalidade a condena, e iso pasa porque o Goberno español lle conceda o indulto.

Non se pode esquecer que o proceso ao que se tivo que enfrontar Pintos constitúe un escarmento á loita sindical e á reposta social que non podemos permitir e que non se pode separar da posta en marcha da propia Lei Mordaza, da que continuamos a reclamar a súa derrogación inmediata.

Xustiza para Pintos! Defender os dereitos non é delito! Asina!

Outras novas recentes

Luns, 27 Marzo 2023

Concurso traslados, promoción interna, destinos, FISP, plan igualdade, excedencias, substitucións, grupo B, RPTs (máis información da CP ...

Resumo dos “rogos e preguntas” da Comisión de Persoal do pasado 22 de marzo e Mesa Xeral do 17, onde o director xeral de Función Pública deu a información que trasladamos. Concursos de traslados: esiximos comezar a negociar todos os concursos (xeral, especial, escalas, e persoal laboral). Hai que comenzar xa a negociación, máis tendo en conta os tempos que manexa Función...
Domingo, 26 Marzo 2023

A Xunta afonda na inestabilidade laboral do persoal investigador e abre a porta da privatización

O proxecto de decreto contempla o despido aos cinco anos en caso de avaliación negativa e deixa fóra o 70% dos traballadores/as do sector A Xunta de Galiza presentounos un proxecto de estatuto do persoal investigador da Administración xeral e das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico. Nel loan as bondades de unificar ao persoal que realiza...
Mércores, 29 Marzo 2023

Instrucións de Educación sobre a comunicación de IT nos centros de ensino

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de publicar instrucións sobre a comunicación da incapacidade temporal que afecta a persoal docente e non docente de centros públicos de ensino. Do 1 de abril en diante suprímese a obriga da persoa traballadora incluída no Réxime xeral da Seguridade Social de presentar o parte de baixa, de...