Máis que CIG-Autonómica

A CIG participará tamén este ano nos actos do 25 de novembro no Día Internacional Contra a Violencia Machista, baixo o lema traballo digno e sen violencias, co cal queremos denunciar a pasividade ante estas condutas machistas que tamén se dan no eido laboral na administración pública.

Así, o día 25 de novembro terá lugar ás 10.00 horas o Encontro de mulleres da CIG, no salón de actos do edificio sindical de A Coruña (Avda Alfonso Molina, 90), do que sairemos ás 12.00 horas en manifestación até a sede da Confederación de Empresarios e Empresarias, na praza Luís Seoane de A Coruña. Ás 13.00 horas daremos por finalizada a mobilización.

O 25 de novembro é un bo día para lembrarlle á Consellería de Igualdade que a própia Xunta non ten aínda un Plan de igualdade própio. A ausencia de medidas reais de conciliación, a sobrecarga no traballo, as presións no seu desempeño, a minusvalorización do traballo, o illamento laboral, etc, tamén son formas de violencia contra as mulleres, e son violencias reais para moitas traballadoras da Administración galega. Tal vez a conselleira debería propoñerse solucionar esas eivas no seo da própia administración de maneira efectiva. Convocar unha andaina na que segundo esta consellería participaron 7000 persoas para mostrar o seu rexeitamento á violencia de xénero está moi ben, pero mellor era predicar co exemplo.

Convidámoste a participar nos actos convocados pola Marcha Mundial das Mulleres por toda Galiza na tarde do 25 de novembro:

  • A Coruña, 20h no Obelisco.
  • A Estrada, 20:30h Praza do Concello
  • As Pontes, 19:30h Praza do Hospital
  • Betanzos, 20:30h detrás do palco da música
  • Carnota, 19:30h Praza da Pedra
  • Cee, 20h na Praza 8 de marzo
  • Compostela, 20h Praza 8 de marzo
  • Lalín, 20:30h Praza da Igrexa
  • Lugo, 20h diante da Subdelegación do Goberno
  • Narón, 19:30h Praza da Gándara
  • Noia, 20:30h diante do Concello
  • O Porriño, 20h Praza do Concello
  • Ordes, 20:30h Alameda
  • Ourense, 20h Castañeira
  • Ponteceso, 20h Praza do Recheo
  • Pontevedra, 20h Audiencia Provincial
  • Ribadavia, 20h Praza Maior
  • Val Miñor, 20h no Cruce da Ramallosa
  • Vigo, 20h Vía Norte
  • Vilagarcía, 20:30h Praza de Galiza
  • Vilalba, 20:30h na Praza da Constitución

Outras novas recentes

Martes, 14 Marzo 2023

Flexibilidiade por conciliación, RPTs (Mar e PS), funcionarizacion limpeza e cociña (para MX 17/03/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos que será o venres 17 de marzo, coa seguinte Orde do día: 1. Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral correspondente ás especialidades de persoal de limpeza e cociña (V-001 e V-011)....
Venres, 17 Marzo 2023

A CIG gaña a demanda contra o Consorcio pola suspensión de contratos nas vacacións

A CIG gañou o conflito colectivo presentado ante o TSXG polo que este declarou nula a cláusula contractual na que se suspendía o contrato ao persoal substituto nos períodos vacacionais no que pechan as escolas infantís Nas Escolas Infantís da rede pública de cero a tres anos, a Administración galega castigaba ao persoal substituto ao non cotizar, non cobrar e non ter acceso...
Luns, 20 Marzo 2023

Plan de Igualdade da Xunta de Galiza: remisión da enquisa a todo o persoal

A elaboración dun Plan de Igualdade conta con diferentes fases reguladas na correspondente normativa como son o Compromiso da organización (que foi publicado neste mes) e a Elaboración da Diagnose (que necesita da recollida de datos cuantitativos e cualitativos (enquisa) para poder avaliar as carencias e propor solucións). Estas fases son necesarias para poder elaborar o...