Máis que CIG-Autonómica

A plataforma cidadá Queremos Galego, da que a CIG forma parte, sairá ás rúas das principais cidades e vilas de Galiza o 17 de maio ás 12h, para reivindicar a vida en galego, aquí e agora.

40 anos de lei de normalización lingüística non serviron para garantir a presenza e dispoñibilidade do galego en todos os espazos da vida pública. Os avances para a lingua conseguidos pola acción do movemento social pola lingua encontráronse coa pasividade, cando non coa oposición, das institucións, nomeadamente daquelas que teñen obriga de promovela e defendela.

A actual situación de emerxencia lingüística é en grande parte consecuencia do desleixo dos poderes públicos, que abandonaron e desprezaron a crecente conciencia social sobre a lingua e a vontade de repoñela e normalizala.

Por iso, desde a CIG animámoste a participar nas mobilizacións do día 17 de maio e a asinar o manifesto que a Plataforma Queremos Galego impulsa para ese día.

Lugares das mobilizacións, mércores 17 de maio ás 12h:

  • Santiago de Compostela (Alameda)
  • A Coruña (Obelísco)
  • Lugo (Praza Maior)
  • Ourense (Praza do Correxidor)
  • Pontevedra (Praza da Peregrina)
  • Vigo (Cruce Vía Norte)
  • Ferrol (Praza do Inferniño)
  • Monforte de Lemos (Praza de España)
  • Foz (Casa do Concello)

Outras novas recentes

Mércores, 20 Setembro 2023

Calendario de procesos selectivos (19/09/23)

A Dirección Xeral da Función Pública actualizou o martes 19 de setembro o calendario coas datas, lugares e horas de realización dos primeiros e segundos exercicios de diversos procesos selectivos. Se é do teu interese, podes acceder dende a seguinte ligazón.
Mércores, 20 Setembro 2023

Actualización das axudas de custe de quilometraxe e xantar

Na nosa Administración temos postos itinerantes, postos con xornadas especiais e alongadas, e moitas outras situacións de traballo nas que se require traslado en coche propio, xantar e mesmo durmir fóra. En todos os casos, as cantidades indemnizadas levan 18 anos sen actualizarse (30/12/2005). Na CIG levamos solicitado, tanto no marco estatal como no autonómico, a...
Martes, 19 Setembro 2023

Resumo da xuntanza co DXFP por múltiples asuntos (14 e 15/09/23)

Asistimos a xuntanzas co director xeral de Funcion Pública (DXFP) os días 14 e 15 de setembro, para falarmos de múltiples asuntos que poderían ser do teu interese. Negociación de procesos selectivos (e promoción interna) Queixámonos porque de acceso libre xa se examinaron e sería de sentido común que tomaran posesión a P.I. antes que o acceso libre. Ademais en decembro...