Máis que CIG-Autonómica

Mobilizarase nas 7 cidades, Cangas, Cee, Vilagarcía, A Estrada, As Pontes, Ribeira, Burela e Verín

A CIG mobilizarase este Primeiro de Maio en 15 cidades e vilas de Galiza baixo o lema “Paremos o saqueo! Emprego, salarios e pensións dignas”. Rexeitamos as políticas económicas dos gobernos galego e español, incapaces de enfrontar a grave carestía da vida nin frear o aumento das desigualdades e da pobreza e chamamos a mobilizarse en defensa dos servizos públicos, da recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra.

A espiral xeneralizada da suba dos prezos e da inflación, nomeadamente de bens e produtos básicos de consumo, está a causar unha importante deterioración nas condicións de vida da clase traballadora e da maioría do pobo galego. Nesa liña, cuestionamos abertamente que en Galiza haxa estes altos prezos nos alimentos cando somos produtores dos principais produtos da cesta da compra, como leite, carne ou peixe.

Fronte a esta situación de inflación desbocada, a lesiva reforma das pensións e a reforma laboral, a CIG chama á mobilización ante a patronal e ante os gobernos e a dar resposta a unha realidade económica e social extrema, por moito que a disfracen con propaganda e por moito que a encubran no diálogo social, con CCOO e UGT. Diálogo social que se converteu nunha auténtica fosa común onde se enterran os dereitos laborais e sociais do conxunto da clase traballadora.

Mobilizacións do PRIMEIRO DE MAIO

Na CIG facemos unha chamada a saír á rúa o vindeiro luns nas mobilizacións convocadas en cidades e vilas de toda Galiza, salientando que a central será, como en anos anteriores, a de Vigo.

 

Outras novas recentes

Xoves, 18 Mai 2023

Conciliación, carreira, FISP, EVO´s, procesos selectivos e Política Social (información da CP 16/05/2023)

Resumo dos “rogos e preguntas” da Comisión de Persoal do pasado 16 de maio, onde o director xeral de Función Pública deu a información que trasladamos. PROCESOS SELECTIVOS Calendario: publicaron o calendario onde figuran xa todos os procesos convocados (95 procesos) de libre e estabilización. Procesos pendentes de rematar: é probable que a semana que vén remitan as prazas...
Xoves, 25 Mai 2023

Resolución do concurso de Finanzas

Recibimos comunicación da Dirección Xeral da Función Pública na que nos informa de que a resolución do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas superior e técnica de finanzas, convocado por Resolución do 14/07/2021, será publicada no DOG do luns 29 de maio.
Xoves, 18 Mai 2023

Acordo FISP (borrador 16/05/23)

A Dirección Xeral de Función Pública remitiu aos sindicatos unha nova versión do "Acordo de Farmacéuticos/as Inspectores/as de Saúde Pública". Aceptaron varias alegacións sindicais sobre o primeiro borrador (que eran erros de bulto). Temos novo período para alegar este segundo texto, ata o 24 de maio, e esperemos ter ao menos unha mesa de negociación coa consellaría de...