Máis que CIG-Autonómica

O prazo para reservar praza nas residencias de tempo libre dependentes de Vicepresidencia para o 2009 (Panxón e o Carballiño) xa está aberto. Aínda que non está determinado o número reservadas que lle corresponden á CIG, as familias interesadas en participar xa poden enviar a solicitude de reserva.

O formulario de solicitude terá que ir acompañado dunha fotocopia do D.I. e deberase remitir ao correo electrónico da Secretaría de Servizos e afiliación (servizoseafiliacion@galizacig.net). A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar dispón de dous centros destinados ao ocio e o lecer das familias, as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño.

Á hora de enviar a solicitude hai que ter en conta que:

  1. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que participasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
  2. Cando se piden os cuartos hai que lembrar que os rapaces e rapaces maiores de 13 anos non poden estar no mesmo cuarto que os pais.

As solicitudes hanse remitir á Secretaría de Servizos e Afiliación

Para máis información chamar ao 981 169 293.

Convocatoria do DOG.

Outras novas recentes

Xoves, 18 Mai 2023

Conciliación, carreira, FISP, EVO´s, procesos selectivos e Política Social (información da CP 16/05/2023)

Resumo dos “rogos e preguntas” da Comisión de Persoal do pasado 16 de maio, onde o director xeral de Función Pública deu a información que trasladamos. PROCESOS SELECTIVOS Calendario: publicaron o calendario onde figuran xa todos os procesos convocados (95 procesos) de libre e estabilización. Procesos pendentes de rematar: é probable que a semana que vén remitan as prazas...
Xoves, 18 Mai 2023

Modificación da RPT do SPIF de cara á funcionarización (en CP 16/05/23)

Na Comisión de Persoal do pasado día 16 de maio aprobouse a RPT de funcionarización do SPIF co voto en contra da CIG. Este foi un proceso que “comezou polo tellado” e dende a CIG sempre defendimos un proceso transparente, que facilitara toda a información que permitira ao persoal do servizo de incendios tomar a decisión de funcionarizarse ou non con tódalas garantías e...
Xoves, 25 Mai 2023

Resolución do concurso de Finanzas

Recibimos comunicación da Dirección Xeral da Función Pública na que nos informa de que a resolución do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas superior e técnica de finanzas, convocado por Resolución do 14/07/2021, será publicada no DOG do luns 29 de maio.