Novas por contido

Os motivos de presentar este novo documento foron, entre outros, diversas circunstancias sobrevidas como, por exemplo, unhas instrucións que o departamento de persoal da Consellaría de Facenda elaborou recentemente. Nestas instrucións regulamenta aspectos con relación ao goce das vacacións que se están a negociar nestes momentos coa Función Pública e que a CIG entende que están fóra de lugar.

Nomeadamente , estas alegacións complementarias abordan os seguintes aspectos:

  • Proponse que non se poida limitar ningún dereito dos recollidos nestas instrucións con carácter xeral,  de xeito que só se poida limitar de maneira individual e sempre xustificadamente e con comunicación simultánea ao órgano de representación correspondente.

  • Que se retire a denominación “autorizadas” con respecto ao goce das vacacións no apartado 8 da instrución quinta,  xa que isto implicaría un condicionamento de goce das vacacións cando se vén dunha IT que podería, inclusive, ir en contra da normativa vixente.

  • Por último, con respecto ao permiso por enfermidade moi grave do artigo 76.1.) da LFPG, alégase que este ten que ser compatible co permiso por enfermidade grave do artigo 76.1.a) Así mesmo, tamén se alega que se poida recoñecer o dereito a dispor do conxunto deste dereito en períodos mínimos dunha semana.

Descargar o documento de alegacións complementarias da CIG

Outras novas recentes

Xoves, 15 Xaneiro 2026

RPT (IGE e Mar), procesos selectivos (xefe brigada, bombeiro/a forestal, B.F. condutor) (para mesas 19/01/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou aos sindicatos para o luns 19 de xaneiro, a unhas xuntanzas da Mesa Xeral de negociación de empregados/as públicos, e á Mesa Sectorial de negociación de persoal funcionario, cos seguintes puntos na orde do día: Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Consellería do Mar. Descargar...
Xoves, 15 Xaneiro 2026

Privatizan a educación infantil e fannos crer que é unha elección libre!

A CIG-Autonómica denuncia o pacto entre as gardarías e escolas infantís privadas para anticipárense á pública e abriren a matrícula o vindeiro 2 de febreiro. Este pacto é posíbel porque a Xunta de Galiza non lles esixe no concerto a coordinación de datas coa escola infantil pública. Desta maneira, mentres as escolas infantís públicas adoitan abrir o prazo de reserva de...
Luns, 12 Xaneiro 2026

Apertura do prazo de solicitudes de segunda actividade de persoal de bombeira/o forestal

No DOG do 12/01/2026 publican o ANUNCIO do 26 de decembro de 2025 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes para o ano 2026 de pase á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais, derivado do publicado mediante a Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellaría...