Novas por contido

Na Mesa Xeral do luns 18 de febreiro tratouse, entre outras cuestións, a proposta de resolución que Función Pública xa pretende que sexa de aplicación para este ano, logo de tela no baúl das lembranzas durante case un ano.

O que pretende este regulamento, segundo Función Pública (e a nós parécenos ben), é desenvolver aspectos normativos que xeran algunhas dúbidas e recoller materias que xa contempla a normativa da Administración Xeral do Estado para a súa aplicación na Xunta de Galiza. É de aplicación directa ao persoal funcionario; para o persoal laboral F.P. ten a intención de que se aplique en todo o que mellore o convenio colectivo.

De seguido facémosvos unha análise de como están as cousas e do que se pode mover:

Como aspectos más positivos, dentro das novidades que recolle o novo borrador, podemos destacar seis días de flexibilidade das vacacións que se poderán coller por separado e xuntar cos días de asuntos persoais, o 24 e 31 de decembro son declarados festivos de xeito permanente, por cada festivo de carácter "nacional" que cadre en sábado daran un día de asuntos persoais a maiores (aspecto sobre o que o director de Función Pública dixo que había un erro de redacción no borrador actual), recoñecen o dereito dos 15 días de licenza para as parellas de feito, eliminan os períodos mínimos para acollerse a unha licenza sen soldo por asuntos própios e pouco máis.

Por outra banda, como aspectos negativos hai bastantes cuestións que xa alegou a CIG no seu momento e que seguen sen ser recollidas nesta normativa. Se ben a intención da Función Pública, e a nosa tamén como representación sindical, é que se clarexen certos aspectos da normativa que afecta ao persoal da Xunta e que os criterios dos diferentes departamentos sexan homoxéneos á hora de aplicar a política de persoal, seguen aparecendo cuestións que permiten unha certa ambigüidade e que poden provocar nunha discrecionalidade perigosa en mans da Administración.

Para pelexar contra isto, unha das principais demandas da CIG é que se elabore unha Comisión de Seguimento e Control, así mesmo tamén alegamos que se comunique calquera denegación dun permiso aos órganos de representación e que se inclúa un permiso para a formación. Outros dos aspectos negativos que seguen aparecendo son a denegación por parte de F.P. do día completo no caso de realización de exames, que as vacacións se teñan que coller preferentemente no verán ou que estas se condicionen ao peche do centro de traballo, que se colla da maneira máis prexudicial para o traballador o lugar de residencia ou o de traballo (no caso do permiso por falecemento, enfermidade grave, etc..). Tamén hai certas cuestións que hai que ampliar relacionadas coa convivencia e persoas a cargo e tamén cos lazos familiares que non sexan por consanguinidade, ademáis dun certo perigo de choque coa Lei Orgánica de Protección de Datos á hora de pedir determinados informes.

En definitiva, esta proposta de Instrucións, dentro deste mar de recortes sen fin que sofremos actualmente, é unha oportunidade para que Función Pública poida regulamentar baleiros normativos en materia de persoal e que isto supoña un beneficio para o persoal traballador da Xunta de Galiza, ademais de que pode supor tamén unha certa mellora dalgunas condicións que se nos roubaron coa excusa desta mal chamada crise. Agardamos que aínda se poidan mellorar estes aspectos que actualmente floxean e que desaparezan os reinos de taifas nesta a nosa Administración á hora de acollernos aos nosos dereitos.

Descargar documento de alegacións presentadas pola CIG-Autonómica

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...