Novas por contido

A CIG presentou estas alegacións a un documento que nos parece un dos máis importantes dos últimos tempos. Fóra dos contínuos ataques que recibimos os empregados públicos, regularizar e homoxeneizar os dereitos laborais, histórica reivindicación da CIG, ten que ser o obxectivo máximo destas instrucións.

O documento inicial remitido pola Función Pública de Galiza é valorado pola CIG como totalmente restritivo, xa que calquera interpretación faise dende un punto de vista limitativo, prexudicial cara o colectivo dos empregrados e empregadas públicas, o que nos parece en certa medida unha falta de respecto, xa que nalgúns casos van en contra do indicado na propia lei. Agardamos que se modifique na liña das alegacións presentadas e que esta interpretación restritiva de dereitos mude cara un entendemento mútuo que compense mínimamente os inxustos sacrificios aos que continuamente nos somete a Xunta de Galiza.

De seguido, descríbense sucintamente as principais alegacións da CIG:

- Proponse a creación dunha comisión de seguimento e control da aplicación destas instrucións, con presenza sindical, para que se vele por unha interpretación homoxénea no conxunto da nosa Administración.

- Proponse que a denegación de calquera dos permisos desenvolvidos nestas instrucións deberá ser comunicada motivadamente, ademais de ao traballador/a, ao correspondente órgano de representación (xunta de persoal ou comité de empresa), así mesmo, tamén se propón a regulación do tempo máximo de resposta en contestar á solicitude de cada un dos permisos e que en caso de silencio sexa este sempre positivo cara ao traballador/a.

- Que se amplíe a concesión destes permisos para as parellas de feito e familias monoparentais, cousa que agora non se recolle.

- Que se rectifique a interpretación actual con respecto aos permisos por enfermidade grave, accidente ou falecemento dun familiar e que tanto a localidade de residencia coma a do centro de traballo, calquera das dúas, sexan tomadas como distinta localidade. Así mesmo, consideramos que os sábados non ter a consideración de días hábiles para estes efectos.

- Que se indique "durante os días da súa realización" no caso de exames finais e demais probas de aptitude, tal e como pon a normativa vixente, e que se amplíen os supostos, non que se reduzan.

- Pedimos que se amplíe a carteira de servizos sanitarios para os efectos da cobertura dos permisos.

- Tamén se pide que se engada unha nova instrución que se chame "Permiso para a formación", en en desenvolvemento do dereito á formación preferentemente en horario de traballo recoñecido polo artigo 14.g) do EBEP e consonancia co indicado actualmente para o persoal laboral recollido no V Convenio, plasmándose nun crédito mínimo anual para formación.

- Solicitamos que se estableza unha compensación aos días 24 de 31 de decembro no caso de coincidencia en fin de semana, así como unha compensación para aquel persoal que non poida, polas súas circunstancias laborais, gozar do horario de verán.

- Con respecto á documentación que se solicita, en liñas xerais entendemos que en moitos casos pode haber un choque coa Lei de protección de datos, ademáis de que noutros hai requirimentos sen fundamento lóxico.

Descargar o documento de alegacións presentadas pola CIG

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...