Novas por contido

Presentámosche a proposta da CIG para un Acordo marco regulador que recolla os dereitos laborais do persoal funcionario e laboral que non están na Lei de Emprego Público da Galiza.

Con este documento pretendemos activar a Xunta e obrigala a negociar as condicións específicas que temos nos nosos centros de traballo e evitar que se perdan dereitos coa funcionarización ao tempo que melloramos e definimos outros para todas.

ANTE A PERDA DE DEREITOS LABORAIS, NEGOCIACION !

O V Convenio Colectivo Único regula os dereitos do persoal laboral pero a Xunta mantén varios artigos suspendidos dende o 2012 precarizando as condicións de traballo.
Na vez de aproveitar a funcionarización para facela mais apetecible e recuperar e trasladar os dereitos á Lei de Emprego Público a Xunta négase, máis o que si deixou claro é a continuidade da prestación dos servizos pero, baixo que condicións?
Sabemos que si non facemos nada as que temos condicións especiais de traballo imos ter problemas nos centros. Necesitamos negociar carteleiras, ter definidos os descansos e os máximos de traballo nos festivos, fins de semana e noites así como máis cousas que se perden para sempre. Está en perigo de extinción o 50% de reserva para as promocións internaS, as superiores categorías ou as adscricións temporais reguladas.

Convertamos a desfeita nunha oportunidade para ampliar dereitos e regular, obriguemos a Xunta a negociar!

Temos alternativa e con iniciativa presentamos esta proposta de Acordo marco regulador, onde recollemos os dereitos do V Convenio pero tamén procuramos aportar novas solucións para todas e sen discriminacións nin diferencias entre réximes xurídicos ou colectivos. Posiblemente quedaron cousas atrás ou algunhas se poden mellorar. Contamos contigo para avanzar.

Podes descargar o díptico nesta ligazón.

Outras novas recentes

Martes, 29 Abril 2025

Postos para o concurso de traslados de varias escalas da área social

A Dirección Xeral de Emprego Público e Admnistración de Persoal enviou aos sindicatos a relación de prazas que se ofertarán nun próximo concurso de traslados das seguintes escalas e especialidades: Escala de facultativos (especialidades de MEDICINA, PSICOLOXÍA, PEDAGOXÍA). Escala de técnicos facultativos (especialidades de ENFERMARÍA, EDUCADORAS, FISIOTERAPIA, TRABALLO...
Luns, 05 Mai 2025

Concurso de traslados de prevención e defensa contra incendios forestais: modificación da relación provisional de persoas admitidas

No DOG do 05/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2025 pola que se modifica a Resolución do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial...
Martes, 06 Mai 2025

RPT´s: modificación de varios postos da RPT de Administración xeral e especial, Presidencia e Sanidade-SERGAS

Para a Comisión de Persoal do día 08/05/2025 Función Pública pretende facer unha modificación de varios postos da RPT da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza consistente en incardinar postos existentes conforme ás escalas e especialidades dos corpos de persoal funcionario da Administración xeral e de Administración especial. Tratase dunha modificación de...