Novas por contido

Na xuntanza mantida o 18 de xaneiro coa secretaria xeral de Traballo e Benestar presentóusenos outra oleada de amortizacións de postos de traballo públicos e o peche do centros de menores de Montealegre (Ourense) ou o desmantelamento do de San Paio (Vigo).

A secretaria xeral, santificado co do límite orzamentario do capítulo 1, xustifica a amortizacioón de postos para crear outros moi necesarios e que xa estaban con acumulación de tarefas nos centros.

A exposición da CIG diante deste atentado contra os servizos públicos é a seguinte:

1.- Non se nos manda a memoria económica nin orzamentaria

2.- Pedimos que se retire o peche de actividade do centro de menores Montealegre.

Como é posible que desde hai dous anos a esta parte se estea a rexistrar a ocupación de asitidos máis baixa históricamente dos centros públicos de menores, coincidindo con este momento actual de crise, que deriva na desprotección do sector da sociedade  máis sensible de ser receptor dos servizos destes centros, garantes do cumprimento da obriga constitucional da especial protección á infancia, así como o cese de actividade do Centro de menores Montealegre ou a amortización e  desmantelamento público do Centro de menores San Paio, cando entidades como a Asociación Galega de Centros de Menores (AGACEME), que aglutina á maioría  das entidades privadas que traballan neste eido, están a facer declaracións públicas da alta acupación que manteñen os seus centros e do compromiso da Xunta para o 2012 de manter os orzamentos que os sosteñen? E que camiñamos cara a un modelo privado encuberto ou de asimilación lenta?


3.- Complexo A Madalena-Catabois.

En relación á utilización que se vai facer das dúas dependencias do complexo: o persoal vai traballar indistintamente en calquera das dúas dependencias? Vai haber en funcionamento 2 cociñas e as instalacións necesarias para mantelas? Van seguir sendo centro de protección de menores as dúas dependencias? En base a qué se lle dá o nome de “Complexo de atención a menores A Magdalena-Catabois” cando a realidade é que estando a escasa distancia unha dependencia da outra, unha está no barrio da Magdalena e outro no de Canido? Vai este complexo manter algunha relación con algún centro que esté radicado no barrio de Catabois? Vaise a externalizar o funcionamento de calquera das dependencias do complexo mediante convenio con entidades como ONGs, sen suposto ánimo de lucro, ou calquera outra entidade de non titularidade pública?

Contesta a Administracion que o centro Virxe do Carme é mais grande e caben todos os nenos e nenas dos dous centros, polo que se trasladará todo ao Virxe do carme e o Soutomaior quedará para imprevistos ou en caso de que sexa necesario

4.-San Jose de Calasanz

Manifestamonos en contra do desmantelamento da cociña. Como se vai atender o servizo?Vai ser atendido por un caterin privado ou dependente doutro centro público? A secretária xeral manifesta que o centro non reúne as condicións necesarias, xa que esta nun estado moi deteriorado e que o servizo se fará nun centro público, posiblemente no CAPD A Coruña; o transporte contratarase con un centro especial de emprego.

Está avaliado o custe de mantemento dese formato de cociña, tanto no mantemento de estrutura mínima de recepción e servicio e devolución dos menús como, a maiores, o custe de transporte en condicións higiénico-sanitarias? Unha vez avaliado todo isto, é eficiente, económico e austero este modelo?


5.-Requisito de carnet de conducir para o persoal educador dos centros de menores

A esixencia de carné de conducir ao persoal educador nos centros de menores non é xustificable ao non ser esixida nas convocatorias de oposición. Empezará a esixirse a partir de agora nas convocatorias? Vai ser un requisito propio da categoría (Gr.II-Cat.06) ou so se discriminará a aqueles que traballen nos centros de menores, diferenciándoos dos que traballan en centros de educación especial, Equipos técnicos de menores, Escolas nautico-pesqueiras, etc. ?

A Secretária Xeral argumenta que cobran o complemento B12 por conducir.

Se esta esixencia, nesta categoría ou noutras,  está ligada á percepción do plus de responsabilidade, hai que recordar que a conducción de vehículos é só unha das funcións polas que se concede o devandito plus, mais non a única, e que hai outras que o xustifican.

A secretaria xeral quedou de darlle una volta a este tema

6.-Nivel 28 para o persoal director dos CAPD


A CIG manifesta a súa sorpresa, cando en tempo de crise argumentada para toda clase de amortización e recortes, hai tres personas agraciadas cun premio na Bonoloto da Xunta, que ven incrementado a seu nivel suponemos que como premio ao seu bo traballo recortando dereitos e amortizando postos nos seus centros.

Consideramos que hai sentencias suficientes que impiden subir o nível en postos ocupados, e que seguremos os pasos legais que consideremos para impedir esta medida discrecionel e favoritista

A secretária xeral manifesta, sin pestañexar, que é inxusto que co tipo de centros e a gran responsabilidade que teñen teñan un salario tan cativo... (sen comentarios)

7.- Reduccion de xornada psicóloga da Volta do Castro

Manifestamos que si o posto é necesario, ten que ser a xornada completa dado o numero de persoas residentes e asistidas e que non chegaria coa media xornada

8.- San Paio

O centro vai a ser escola infantil polo que pedimos que o persoal continúe a asuma o traballo da escola. A secretaría xeral explica que a escola infantil será de xestión privada

9.- Residencia Patos

Desde hai anos vimos solicitando que se utilice a residencia a tempo completo e se manteñan os postos de traballo

10.- Residencia de Burela

Diante das manifestacións de representantes de UGT como da CSIF, no sentido de que a creación de postos de auxiliares de enfermería na residencia de Burela non responde a necesidades, argumentando que non se ian a cubrir as prazas de residentes asistidos, e como consecuencia os postos de enfermería, manifestamos o noso desacordo con tales afirmacions, e posicionamonos a favor de que se reclasifique a residencia e se dote do persoal necesario. Ao contrario que noutras ocasions, nas que se crean os postos cando xa están desbordados os centros de asistidos. No caso de ser necesarios postos en outros centros, que se creen , pero nunca a costa de eliminalos noutros centros .


Outras novas recentes

Martes, 18 Febreiro 2025

Concurso enxeñarías-ciencias-arquitectura: aviso de publicación da listaxe de persoas admitidas e excluídas no DOG 21/02/25

Asunto: Resolución da listaxe de persoas admitidas e excluídas, concurso F0324 Concurso F0324: escalas de enxeñaría, enxeñaría técnica, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias. A Dirección Xeral de Emprego Público vén de comunicarnos que o venres 21 de febreiro vai publicarse no DOG a seguinte resolución: Resolución do 18 de febreiro de 2025 pola que se publica a...
Venres, 14 Febreiro 2025

A Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático anuncia que convocará ás centrais sindicais para a creación das UICON (MX 14/02/25)

O anuncio foi feito no transcurso da Mesa Xeral de Persoal Empregado Público de hoxe ás 12 horas. A preguntas da CIG sobre a posta en marcha das UICON (Unidades de Intervención de Conservación da Natureza), a  vicesecretaria xeral da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático adiantou que para a vindeira semana convocará ás centrais sindicais para unha modificación de...
Venres, 21 Febreiro 2025

Stop censura! Espazos de comunicación sindical xa!

A Xunta incumpre a Lei de Liberdade sindical no Edificio Administrativo de San Lázaro en Compostela Taboleiros de anuncios sindicais e dereito á información e comunicación Os taboleiros de anuncios sindicais son unha ferramenta fundamental para a comunicación entre as delegadas e delegados sindicais, comités de empresa ou xuntas de persoal e as traballadoras e...