Novas por contido

Hoxe, martes 10 de abril de 2012, a Consellería de Traballo e Benestar vai a consumar outra aldraxe contra a provincia de Ourense ao amortizar (despedir a persoal laboral) 18 prazas, e dicir, outras 18 persoas que se van ao paro nunha provincia onde o paro é especialmente preocupante.

Outras das decisións que se van a tomar hoxe é a eliminación doutro servizo público, o peche do Centro de Menores de Montealegre, un centro senlleiro en Galicia, que leva facendo unha laboura inestimable dende hai máis de 50 anos na Cidade de Ourense.

O peche do Centro de Menores de Montealegre, coa escusa da realización de obras de mellora, é a demostración palpable da destrución dos Servizos Públicos e da eliminación de postos de traballo na provincia de Ourense.

En contra destas amortizacións, en contra do peche do Centro de Menores de Montealegre, e na DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, este Comité de Empresa comunica que hoxe, Martes 10 de abril de 2012 fará unha concentración diante da EGAP, ás 14:00h, en Santiago de Compostela, para ESIXIR un compromiso da Consellería de Traballo de que cando rematen as obras o Centro de Menores de Montealegre sexa aberto de novo como un Centro Público dotado do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia, así como a non amortización dos postos de traballo propostos.

Outras novas recentes

Luns, 12 Xaneiro 2026

Persoal coidador na Xunta de Galiza: a degradación do persoal de atención ao alumnado con diversidade funcional

Comezando o século XXI, o persoal coidador da Xunta de Galiza, que por aquel entón era persoal laboral, estaba sendo reclasificado ao Grupo III do V Convenio colectivo. Os xulgados estabanlle dando a razón a un persoal que exixía que se recoñecese a realidade do traballo que estaban a desenvolver na maioría dos centros de educación nos que atendían ao alumnado de Educación...
Luns, 12 Xaneiro 2026

Apertura do prazo de solicitudes de segunda actividade de persoal de bombeira/o forestal

No DOG do 12/01/2026 publican o ANUNCIO do 26 de decembro de 2025 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes para o ano 2026 de pase á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais, derivado do publicado mediante a Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellaría...
Martes, 13 Xaneiro 2026

Presentadas máis de 5.500 sinaturas en apoio á PNL por unha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

A CIG rexistrou o luns 12 de xaneiro as máis de 5.500 sinaturas recollidas en apoio á Proposición Non de Lei (PNL) promovida polo sindicato para instar ao establecemento dunha cláusula de garantía salarial que permita a actualización automática dos salarios do persoal empregado público conforme ao IPC real. Esta proposta preséntase nun contexto de empobrecemento constante...