Novas por contido

No DOG de hoxe, 13 de abril,  sae publicada a resolución de apertura do prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas polo Decreto 37/2006, en diferentes categorías de persoal laboral e algún corpo e escala de funcionarios.

Requisitos:

  1. Solicitudes: Presentar instancia conforme modelo do anexo III
  2. Prazo: o 14 de abril ao 15 de xullo
  3. Ámbitos: Deberán especificarse na instancia ata un máximo de 3 segundo os códigos do anexo IV
  4. Taxas: 16,98€ a pagar en oficina bancaria ou a través de internet

Publicación das listas:

Tanto a elaboración das listas para as que se abre o prazo de presentación de novas solicitudes coma a adaptación ao Decreto 37/2006, do 2 de marzo, serán publicadas entre o 1 de setembro e o 31 de decembro deste ano, segundo o establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.As listas correspondentes ás categorías que foron elaboradas de acordo co Decreto 89/1997, do 10 de abril, continuarán en vigor ata a publicación das novas listas definitivas resultantes desta convocatoria.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...