Novas por contido

No DOG do Luns, 20 de Abril de 2009, fíxose público as listaxes definitivas de admitidos e excluidos aos procesos selectivos para o ingreso nas categorias 041 Oficial de defensa contra incendios forestais, e 042 Oficial de establecemento, ámbalas dúas categorias do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Como consecuencia da citada publicación, ábrese un prazo de vinte (20) días naturais, para a presentación da documentación da fase de concurso. Dito prazo remata o 11 de Maio. A documentación que deberán presentar os aspirantes admitidos é a seguinte:

-  Servizos prestados como persoal laboral, según anexo I recollido na convocatoria, expedido pola unidade de persoal correspondente.

-  Formación. Fotocopias cotexadas dos cursos directamente relacionados coas funcións propias na categoria á que se opta, ou das categorias do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, 100 Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais e 80 Capataz de establecemento.

-  Superación dos exercizos nos procesos selectivos das categorias Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais (100) e Capataz de establecemento (80) ámbalas dúas do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

-  Certificación do padrón municipal de habitantes.

-  Documento xustificativo (orixinal ou fotocopia cotexada) de estar en posesión, ou en condición de opter o Celga 3, título do curso de iniciación ao galego, ou equivalente, debidamente homologado polo organismo competente en materia de política lingüística da Xunta de Galiza. 

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...