Novas por contido

Nesta xuntanza tratáronse dous temas fundamentalmente: a modificación da convocatoria do concurso de persoal laboral grupo V e máis a aplicación da Lei de medidas no emprego público. Ver convocatoria.

Concurso de traslados

A Administración informa que se incluíron varias prazas que foron alegadas polas organizacións sindicais e máis  polas consellerías; prazas que xa están no listado que nos enviaron coa convocatoria e que é diferente ao enviado o día 6 de marzo. Exclúen tamén do concurso as prazas CU........27001.039 e TR.......36350.059 alegadas por particulares.

A interpretación que fan para eliminar as prazas é a que fai o Tribunal Supremo nunha sentenza que xa nos pasaron ás organizacións sindicais, é dicir, que ten que estar vacante dende o 1-1-2005 e ocupada polo mesmo persoal temporal, aínda que estea vacante desde esa data si cambiou de temporal neste tempo non entra na consolidación.

Aplicación da Lei de medidas no emprego público

A Administración manifesta que para o único que nos reuniron é para comunicarnos que “para respectar a conciliación da vida laboral e familiar deron instrucións para que se elaboren as carteleiras da consellería de Traballo respectando o descanso de 1/3 dos domingos en computo anual e o descanso de un de cada tres domingos”. Manifestan que sobre a lei non teñen máis que dicirnos.

Aínda así, desde a CIG, despois de darlle as grazas por mirar tanto pola conciliación da vida laboral e familiar, sobre todo da xente que vai a traballar 9 días seguidos ou 3 fines de semana seguidos, e de discutir un pouco, conseguimos falar de todos os puntos:

1º.- Como afecta o artigo 2 da lei (incapacidade temporal) ao persoal laboral xa que afecta directamente ao artigo 30 do convenio e este non foi modificado? A Administración non se "dera conta" deste problema pero entende que o artigo 2 afecta a todos/as empregados/as públicos e polo tanto ao persoal laboral. Está elaborando unha orde onde se fará o desenvolvemento normativo correspondente.

2º.- Preguntamos polos días 24 e 31 de decembro e como se vai a aplicar, xa que o persoal funcionario ten dereito a gozalos, si eses días vai ir a traballar o persoal laboral e o funcionario non. Despois de dicir que “é diferente o persoal funcionario do persoal laboral” escorren o vulto dicindo que falta moito tempo para os días 24 e 31 de decembro e que xa se miraría como se aplica. Respondemos que nos gustaría ver como nos servizos onde hai persoal funcionario e laboral (en case que todos os centros) unhas persoas van ir a traballar e outros non.

3º.- Canto tempo se lle vai a dar ao persoal que ten horarios especiais (de 9 a 17h ou de 10 a 18h)? A Administración contesta que a ½ hora do café, que o persoal que sae ás 15h tampouco ten tempo para comer.

4º.- Preguntamos que vai a pasar co persoal do SPDCIF xa que teñen un acordo de aplicación prevalente no que se define os seus descansos.  A Administración contesta que non pensaran nesa posibilidade, que o mirarían e nos contestarían o máis axiña posíbel.

5º.- Preguntamos si van a aplicar a eliminación das 3 mensualidades no momento da xubilación e o non respectar as vacacións de semana santa e nadal para o persoal que ten dereito a elas. A Administración contesta que así o farán, que estamos a falar de unha lei e que teñen que cumprila...

Preguntouse tamén si se ía a compensar o traballo en domingos e festivos dalgún xeito, en tempo ou en diñeiro. A Adminmistración contesta que “por agora non, están estudiandoo nos termos que xa nos comunicaran no seu día, pero que a lei non contempla compensación de ningún tipo e polo de agora non o van a facer”

Outras novas recentes

Venres, 30 Xaneiro 2026

Convocatorias de concursos-oposicións: bombeira forestal xefa de brigada e bombeira forestal

No DOG do 30/01/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica do...
Venres, 23 Xaneiro 2026

Problemas coa cobertura de baixas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra

O CGTD de Pontevedra non está considerado un centro de atención directa a usuarios a pesares de que nel hai un internado no que conviven persoas menores e maiores de idade. Isto complica a cobertura de baixas ou permisos xa que primeiro hai que sacalas a comisión de servizo e logo si non a solicita ninguén pedir autorización a Orzamentos para cubrila recorrendo ás listas de...
Venres, 30 Xaneiro 2026

Segue o caos nas nóminas do Consorcio

A nómina, que se entenda O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Muíños, máximo responsable da xestión desta entidade, non está a cumprir adecuadamente coas funcións e responsabilidades inherentes ao cargo para o que foi nomeado. É imperativo salientar que esta deficiente xestión afecta, engadindo ao persoal substituto, a máis de 2000...