Novas por contido

O CGTD de Pontevedra non está considerado un centro de atención directa a usuarios a pesares de que nel hai un internado no que conviven persoas menores e maiores de idade.

Isto complica a cobertura de baixas ou permisos xa que primeiro hai que sacalas a comisión de servizo e logo si non a solicita ninguén pedir autorización a Orzamentos para cubrila recorrendo ás listas de substitucións, polo que de conseguirse a cobertura esta non se fai efectiva ata 8/10 días despois de producirse o feito, e como as baixas tardan moito en cubrirse isto dificulta moito a atención axeitada aos usuarios.

Neste centro almorzan, xantan e cean de domingo a noite a venres mediodía. Xantan diariamente entre 130/140 comensais e cean sempre máis de 100. Ademais o internado ten 4 andares con 14 habitacións dobres por andar e 8 baños en cada un deles.

O persoal asignado ao centro no departamento de cociña e gobernantía son: 1 oficial 1º cociña, 2 oficiais 2º cociña, 2 axudantes de cociña (quenda de mañá: 1 of 1, 1 of 2º e 1 axudante e quenda de tarde: 1 oficial 2 e 1 axudante) e 8 camareiras limpadoras. Cando hai baixas sen cubrir, sobre todo entre as camareiras limpadoras, dificultase moito o poder facer todo o traballo nas habitacións en condicións óptimas e provoca unha sobrecarga no persoal presente que en varias ocasións leva a producir novas incapacidades temporais.

Por isto a CIG ven de solicitar á Presidencia da Xunta de Galiza, de quen depende o centro, á Dirección Xeral de Emprego Público, de quen depende a xestión dos chamamentos das listas, así como á propia directora xeral na Mesa Xeral do luns 19 de xaneiro, que a efectos de cobertura das prazas por incapacidade temporal ou outras circunstancias este centro teña a mesma consideración que os centros de ensino e de asistidos.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...