Novas por contido

Na reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) celebrada o 10 de abril tratáronse os seguintes temas:

Proposta da administración de unificación do CSS de Mar co CSS de Medio Rural

Acordouse  por unanimidade que continúen funcionando por separado.

Avaliación de riscos do IGAFA e do IMPA

A pesares de estar convocado e confirmada a asistencia, non asiste o director do IMPA (Instituto Marítimo Politécnico do Atlántico) nin ningún representante no seu lugar. A CIG propón que as citacións se fagan mediante oficio dirixido ao director, e solicita unha reunión con el para revisar a avaliación feita. O representante do IGAFA (Instituto Galego de Formacion en Acuicultura) expón os traballos feitos no centro, as actuacións que non se poden levar adiante por falla de orzamento, e as que están pendentes de desenvolver pero que xa están presupostadas.

Programación Xornadas de prevención
Resolto o concurso que gañou novamente MUGATRA, programaranse xornadas específicas no IMPA (Vigo), CIMA (Corón), RIBADEO (Lugo), FERROL (Coruña). Faltan por confirmar as datas, remitiránse por correo electrónico.

Programación actividade preventiva no 2012

Hai un calendario preparado que nos enviarán, e daremos a coñecer.

Funcionamento medios/equipos xestionados polo Servizo de Gardacostas

Eliminarase o halador da planeadora “Illas Malveiras”. Dotarase de faixa de reforzo dorso-lumbar a un traballador do servizo.

Asuntos pendentes de resolución

  • O manual de biólogos segue pendente ( 3 anos). A xefa de coordinación da área do Mar de Pontevedra comprométese a axilizar a elaboración. O manual de laboratorio está a elaboralo o ISSGA. Colgarase na páxina do servizo de prevención.

  • Listados de químicos: Enviaranse a MUGATRA, aínda que os médicos desta empresa  consideran que non están obrigados a facer analíticas especificas para este tipo de productos. A lei obriga, segundo as características dos compostos químicos a facer vixilancia da saúde específica.A CIG solicita que MUGATRA resposte por escrito con relación a este tema.

  • Protocolos de saída ao mar no INTECMAR. A decisión de saída será tomada pola directora do centro. Ademais estase a elaborar un protocolo específico para este tema.A CIG solicita que este protocolo sexa extensivo a todos/as mostreadores/as que ten a Consellería.

  • EPIS do servizo de gardacostas. A CIG insiste novamente na dotación de EPIs (Equipos de Proteción Individual) ao persoal do servizo de gardacostas.Como desde a subdirección indican que existen e están homologados para loita contra a contaminación, esiximos que se indique onde están e se distribuan entre o persoal. Con respecto os verquidos, indica que cando se produzan se analizaran para saber de que se trata e se dotara de roupa específica segundo o verquido. Isto imposibilita un ataque real contra os verquidos, xa que se terían que producir en días laborables en horario comercial para poder dotar o persoal dos EPI´s necesarios. O presidente do CSS comprométese a facer as xestións necesarias diante da subdirección xeral de gardacostas, dando un prazo de 15 días para telo resolto.

Suxestións
A CIG propón a celebración dunha permanente monográfica coa avaliación de riscos do IMPA, que podería celebrarse no propio centro. O presidente do CSSL comprométese a marcar data no que queda de mes para celebrala. Proponse como data para a celebración do próximo comité o 26 de xuño.

Outras novas recentes

Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel...
Venres, 25 Setembro 2026

Novos actos de elección de destino, Consorcio, comisións de servizos en Política Social, INTECMAR (mesa sectorial do 23/09/26)

Preguntamos pola promoción interna de Psicoloxía xa que a primeira parte foi o día 30 de xuño e o segundo exame tiña que ser en 40 días e sacaran resolución ampliando 20 días máis. O prazo (coa ampliación) rematou o pasado 18 de setembro e non temos máis información. O que nos din da DXEP é que remataron de preparar o buzón de postos e continuarán en breve, pero non da...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...