Novas por contido

Na Mesa Sectorial do día 11 onde se negociou a promoción interna separada a PSX, acceso libre a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2) así como acceso libre e promoción interna a psicolxía e auxiliar de clínica, a DXEP presentou os seguintes cambios respecto dos borradores iniciais:

  • Pasan o corte de 4 a 5 por praza
  • Incluen o criterio de xénero para o desempate
  • Aumentan o número de preguntas de reserva no primeiro exercicio
  • Modifican lixeiramente un tema nalgún dos procesos

A maiores do xa alegado por escrito, a CIG incidimos nas seguintes alegacións comúns a todos os procesos:

  • Queremos concurso-oposición para todos os procesos, posto que só o de PSX é concurso-oposición
  • Poñer tempo máximo para realizar o primeiro exercicio (non nos vale con dicir que non será antes de 6 meses, queremos tamén un máximo que aporte certeza de futuro)
  • Que a materia sexa eliminatoria entre exercicios: cando hai varios exames ou partes, que non entre a mesma parte do programa reiteradamente.
  • No que atinxe aos programa e temarios defendemos que sexan normas, non temas. Maís se son temas que fagan manuais ou referencias bibliograficas por parte da EGAP
  • O exame de galego tamén tipo test, coas competencias léxicas, semánticas e gramaticais adecuadas ao nivel esixido.
  • Nor procesos en que o segundo exercicio é de temas, propuxemos substituilos por exercicios de corrección obxectiva (cuestionarios teóricos ou supostos prácticos tipo test). Se non aceptan, que o primeiro exercicio puntue máis que o segundo.
  • No que se refire ao corte
    • Indican corte para o primeiro exercicio, pero non para o segundo. Defendemos que sexa 6 para o primeiro e 4 para o segundo.
    • Cando un exercicio ten partes, que o corte do 1º sexa sobre o conxunto, non as partes.

No caso dos procesos de psicoloxía e aux. de clínica, que son procesos de acceso libre e promoción interna conxuntamente, que a promoción interna sexa co 50% das vacantes.

Para o único proceso de promoción interna separada e que é de concurso-oposición, PSX-C2, manifestamos:

  • Conformes con permitir promoción vertical dende calquer escala de AP. Pero queremos tamén promoción horizontal dende outras escalas do mesmo subgrupo.
  • Conformes co corte
  • Na antiguidade computan só 18 anos (en corpos xerais son 25 anos) polo que solicitamos aumentar anos incrementando puntuación máxima
  • Grao persoal: retiralo mentres puntúe as comisións de servizos. De manterse, reducir a puntuación por cada nivel ao equivalente a medio ano de servizos 
  • Formación: non ás universidades privadas. Non poñer límite de 150 horas por curso.
  • Programa: normas de dereito. Se van temas, que editen manuais ou referencias bibliográficas

Na Rolda Aberta de Intervencións

Reiteramos por falta de resposta a pregunta realizada en MSF o 07/11/25 onde preguntamos se existe xente fixa en PSX ou xerocultor/a, e que van facer co concurso de traslados e destinos. A DXEP dixo que non había ninguén fixa, e que xa estaban preparando os postos para a elección de destinos. A pesar disto a nosa información é que en PSX si hai algunha xente fixa, polo que terían que convocar concurso primeiro. A DXEP resposta que revisarán.

A DXEP informa sobre o teletraballo que se non hai cambios nas condicións do teletraballo non é necesario unha nova resolución. Se por motivos organizativos deciden que os luns sexa o día de presencia obrigatoria, iso está dentro das condicións do teletraballo.

Sorprendidos quedamos ao escoitar como "o sindicato da casta" verbaliza na Mesas certos argumentos que consideramos lesivos, non só para o suposto persoal diana obxecto de representación desa organización sindical, senón do resto de traballadores. Entre as súas propostas está a reserva de prazas en "grupos baixos" exclusivamente para persoal que dispoña únicamente da titulación requirida (non superior), mermando así claramente as posibilidades doutros colectivos con titulación superiores ou defendendo que para o grupo A os exames se realicen sobre temas e non sobre normas de dereito positivo. Apostan deste xeito, en aras dunha suposta preparación sobreasínte deste persoal, na que según eles se debería avaliar capacidades como a redacción, ou aporte razoado de propostas así como outras capacidades dirixentes das que, aínda que poidamos entender importantes no cumprimento de funcións tal excelsas, non vemos como podería facerse para garantir a obxectividade deste tipo de procedementos. 

Outras novas recentes

Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...