Novas por contido

Ante as declaracións da Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que cualifica á CIG de irresponsábel e difamatoria, e asegura que non entende como o sindicato pode recriminar ao goberno galego por establecer uns servizos mínimos abusivos na pasada folga xeral do 29 de marzo en contraposición cun cadro de persoal escaso, a CIG-Autonómica manifesta:

1. Impoñer uns efectivos do 100% nunha xornada de folga, como ocorreu o 29 de marzo no SPDCIF (Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais) é impedir o exercicio do dereito de folga.

2. Nas "negociacións" dos servizos mínimos, e así consta en acta, a CIG solicitou que DE XEITO SIMBÓLICO se permitise participar na folga ao persoal adscrito ao SPDCIF. En ningún caso pretendeu o sindicato desmantelar o servizo de incendios.

3. Deixamos constancia de que existía o compromiso por parte dos traballadores de que no caso de necesidade, os que libraban o día 29 incorporaríanse ao servizo.

4. E expresamos tamén que tiñamos o compromiso de que en caso de máxima necesidade ou de catástrofe, os traballadores que exerceran o seu dereito á folga renunciarían a tal dereito, incorporándose de inmediato ás tarefas de extinción.

5. Foi esta negativa a recoñecer tal dereito aínda que fose de xeito simbólico o que levou aos delegados da CIG que o día 29 estaban de libranza a declararse en folga e solicitar que se lles descontaran os haberes da súa nómina.

6. Como exemplo dese "xeito simbólico" enviamos á prensa a comunicación dun dos nosos delegados que o día 29 libraba e comunicou ser considerado en folga.

7. A CIG manifestou nas negociacións dos servizos mínimos que o exercicio do dereito da folga non ía significar que ardera nin un metro cadrado máis do territorio galego dada a responsabilidade que sempre caracterizou aos traballadores deste servizo e que adquiriron tales compromisos.

8. As declaracións da conselleira só poden significar o recoñecemento de que non hai máis argumentos para rebatir os datos dun servizo escaso de efectivos que a mentira e a difamación.

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Martes, 14 Outubro 2025

Mesa de diálogo de SEAGA (08/10/2025)

O pasado mércores 8 de outubro celebrouse a Mesa de diálogo de SEAGA onde se trataron os seguintes temas: 1- Confirman a ampliación do período de traballo do persoal descontinuo até o 12/12/2025.2- Despois de moito reclamalo vaise comezar a negociar o Plan de Igualdade. Xa están nomeadas as persoas para a mesa negociadora. Seaga contratou unha empresa para que lle faga o...
Martes, 14 Outubro 2025

Manifestación de bombeiras/os forestais en Madrid o 18 de outubro

A CIG, que participa coa Plataforma de bombeiras e bombeiros forestais nesta loita, chama a todas as compañeiras e compañeiros do colectivo a participar nesta manifestación. COMUNICADO A realidade golpea con contundencia, as condicións climáticas mostran o novo camiño dun novo escenario moito máis complexo no mundo dos incendios forestais e as diversas continxencias que...
Martes, 14 Outubro 2025

Concursos (ordinarios e específicos). Carreira. E máis (información da MSF 13/10/25)

Na rolda aberta de intervencións da MSF do 13/10/25, a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) deu información de:  Concursos ordinarios de traslados A CIG preguntou pola situación de todos os concursos de traslados que están en execución, pola situación das medidas xudiciais que afecten aos concursos, e polas previsións dos concursos que...