Novas por contido

Acabamos de ter unha xuntanza co resto de OOSS e co director de Función Pública, na que nos entregaron un borrador de Instrucións para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal debida a continxencias profesionais e comúns, e nas situacións de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural.

Dan de prazo até o luns que vén, día 30 de abril para presentar alegacións; van convocar unha Mesa Xeral para ese día. Presentamos a nosa protesta perante este feito xa que entendemos que é un prazo moi curto e solicitamos unha ampliación. NOVO: estas instrucións irán á Mesa Xeral o 2 de maio

Nunha primeira ollada podemos destacar os seguintes puntos:

  • Ten efecto retroactivo, dende o 3 de marzo, data en vigor da lei, agás as novidades con respecto aos prazos de entrega de xustificantes, basicamente.

  • Prevé que se cobre un 100% nos casos recaída dunha enfermidade común ou accidente non laboral que derive dunha situación que si recolla ese complemento do 100%.

  • Aínda que a redacción non o aclara, ao persoal de clases pasivas (Muface) non lle é aplicable o tema do complemento, si o regulado con respecto o de entrega de xustificantes.


Convidámosvos a que nos remitades as alegacións ou dúbidas que teñades con respecto a estas instrucións.

Descarga instrucións

Outras novas recentes

Xoves, 05 Marzo 2026

Convocatoria de concurso de traslados de educación infantil (grao medio e axentes técnicos) e auxiliar de coidadores

No DOG do 05/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo facultativo de grao medio, escala técnica...
Venres, 06 Marzo 2026

A Xunta deixa de valorar a permanencia e medidas de conciliación nos concursos de traslados do seu persoal

A experiencia no mesmo posto durante anos, e o achegamento ao domicilio de fillos/as e persoas en situación de dependencia, deixan de ser un dos baremos para decidir os traslados do persoal funcionario. Nos últimos concursos de traslados, recentemente levados pola Xunta ás mesas de negociación e convocados (escalas de estatística, expertos/as lingüistas, educación infantil,...
Venres, 06 Marzo 2026

Axentes ambientais: atrasos, agravios e todo por resolver

A CIG trasladou as demandas do persoal axente ambiental nas reunións mantidas o 5 de marzo coa Consellaría do Medio Rural e na Comisión de Persoal do 6 de marzo.  Procesos selectivos e concurso de traslados A directora xeral de Emprego Público informa de que a elección de destinos publicarase, «como moi tarde, a principios de maio», coa previsión da toma de posesión «antes...