Novas por contido

Achéganos a Administración o borrador do Decreto dos estatutos do AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) co obxecto do seu estudo para unha reunión que terá lugar o luns, 30 de abril. Este borrador do Decreto vén motivado na adaptación do AGADIC ao novo marco normativo á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Alegacións até o 8 de maio.

Descargar borrador

Outras novas recentes

Xoves, 28 Agosto 2025

Rueda, o máximo responsábel político da prevención e extinción de incendios na Galiza, debe cesar a conselleira de Medio Rural

Manter á conselleira e a unha cúpula de altos cargos incompetentes en Medio Rural faino máis cómplice do desastre A traxedia dos lumes que está a padecer Galiza é en grande medida froito das políticas de prevención e extinción dos lumes do PP que a converteu nun polvorín. A CIG leva anos advertindo das carencias na prevención e na nefasta xestión da extinción que pon a...
Venres, 29 Agosto 2025

O PP despreza ao persoal bombeiro forestal

Xa sabiamos que para o PP a culpa dos lumes é de todo o mundo menos deles. Agora ben hoxe coñecemos unha mensaxe tremenda da presidenta do PP do Barco de Valdeorras nas redes sociais. Que esta señora afirme que a única culpa dos lumes a teñen os incendiarios e algún das brigadas forestais supera tódolos límites e ahí sí que se van atopar de fronte coa CIG. E non contenta...