Novas por contido

A execución das OPEs pendentes comeza a moverse. Achéganos a Administración a proposta das bases da convocatoria para o proceso selectivo da Escala Técnica de Finanzas para debater nunha posterior xuntanza. Este proceso selectivo derívase da OPE 2011 na que se ofertaban 8 prazas para a dita escala. Podedes achegarnos as vosas consideracións ao noso correo electrónico.

Descargar borrador

Outras novas recentes

Martes, 24 Febreiro 2026

Criterios de reparto do FAS 2025 (borrador 24/02/2026)

Dende a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais remitíronnos hoxe 24 de febreiro o borrador dos criterios de reparto do fondo de acción social 2025, para que formulemos alegacións, con prazo até o 27 de febreiro ás 14 h. Posteriormente, seremos convocadas á correspondente xuntanza. Se queres facernos algunha achega sobre esta nova edición do mal chamado...
Xoves, 19 Febreiro 2026

Convocatorias de concursos de traslados: expertas lingüístas e escala técnica de estatística

No DOG do 19/02/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de expertos/as...
Mércores, 18 Febreiro 2026

Neste cuadrimestre resolverase o concurso de traslados da Administración xeral

A directora xeral de Emprego Público contestou á pregunta da CIG sobre o prazo para resolver o concurso que afecta a milleiros de persoas empregadas públicas da nosa Administración na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario deste 18/02/2026. Despois de que CCOO informase de que a resolución do concurso se faría a finais de febreiro ou primeiros de marzo, na CIG non contabamos...