Novas por contido

No DOG do día 30 de abril publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.  O prazo de inscrición rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do DOG.

A solicitude farase de xeito telemático, para realizala poderá picar no seguinte enlace á páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Para axilizar as revisións, estas irán realizándose segundo inscrición sen agardar a rematar o prazo límite de inscrición.

A prestación da vixilancia da saúde ao persoal empregado público en función dos riscos inherentes ao traballo faise segundo o disposto no artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Esta campaña é aplicable a todos os traballadores da Xunta de Galicia agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, e persoal de entes públicos e fundacións; este persoal dispón de campañas de vixilancia propias.

A inscrición previa realizarase exclusivamente de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza-Servizo de Prevención de Riscos Laborais): webriscos.xunta.es Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e persoal que, durante o prazo de solicitude, estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán os medios necesarios para a inscrición, así como a asistencia ás probas. A falta de asistencia á cita implicará, agás causa de forza maior debidamente xustificada ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais no prazo de cinco días, que o traballador/a renuncia ao recoñecemento médico de forma voluntaria.

Os resultados da vixilancia da saúde serán subscritos polo facultativo competente e serán tratados de acordo co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Os informes da vixilancia da saúde serán entregados a cada traballador/a polo Servizo de Prevención alleo (neste caso a mutua Mugatra)

Outras novas recentes

Luns, 27 Outubro 2025

Manifestación do SPIF o 30 de outubro: a mobilización funciona!!

Seguimos adiante na loita aínda que CCOO, UGT e CSIF intenten deixar vendido ao persoal do Servizo de Incendios Forestais Denunciamos a actitude desleal e irresponsable de CCOO, UGT e CSIF, que solicitaron DESPOIS DA CONVOCATORIA DA MANIFESTACIÓN, unha reunión coa Consellería do Medio Rural excluíndo a representación maioritaria do persoal. Esta manobra, xusto antes da...
Martes, 04 Novembro 2025

Concurso de persoal coidador: pedir postos sen saber onde

A CIG ven de demandar que a Dirección Xeral de Emprego Público solucione o problema á hora de elixir postos no concurso de traslados de persoal coidador. O persoal auxiliar coidador desempeña as súas funcións en prazas itinerantes, o que implica que os seus postos non estean adscritos de maneira fixa a un único centro educativo, senón que se distribúen cada curso escolar...
Mércores, 29 Outubro 2025

Boletín CIG Saúde Laboral nº 63: radón nos centros de traballo

Poñemos ao teu dispor o Boletín CIG Saúde Laboral Nº 63, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega. Contidos:         O radón Municipios prioritarios Metodoloxía Medicións Informes de resultados Descarga boletín 63 de Saúde laboral Está a túa...