Novas por contido

Dende a CIG-Autonómica limos con sorpresa as declaracións que fixo a Conselleira de Facenda, Marta Fernández, en relación coa conxelación do soldo dos empregados/as públicos da Xunta. Na páxina 169 do programa electoral do Partido Popular recóllese o establecemento dunha cláusula de revisión salarial para frear a perda retributiva en termos reais.

A situación de crise do modelo capitalista na que nos atopamos non xurdíu o 2 de marzo. O PP sabía en que situación se atopaba o noso país cando se presentou ás eleccións e, queremos pensar, que o seu programa contemplaba dita situación de crise.

Preguntámonos, logo, se a Conselleira non participou na elaboración do seu programa, se vai por libre, se ten a intención de incumprilo deliberadamente ou se o Partido Popular simplemente mentiulles a todas e todos os empregados públicos da Xunta de Galiza.

Condeamos tamén a baixeza moral que supón facer semellantes declaracións dende a posición de quen cobra máis de 60.000 euros ao ano sabendo, como responsábel de Función Pública, que ten ao seu cargo persoal con soldos base de 546 euros ao mes (como é o caso das funcionarias e funcionarios do Grupo E) ou 954 euros ao mes (no caso do persoal laboral do grupo V).

Dende a CIG-Autonómica convidamos á conselleira a que se quere aplicar políticas de austeridade na Xunta de Galiza comece pola non creación de gabinetes nas delegacións, en baixar os desorbitados soldos dos altos cargos e a eliminación dun plus inmoral que podería repercutir, cada plus cobrado, na creación dun novo posto de traballo no noso país.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Febreiro 2026

Concursos de persoal educ. infantil-aux. coidador e PSX-xerocultores/as (MSF 18/02/26)

A Xunta teima en primar a adaptación ao Fides do Sergas para a tramitación dos concursos de traslados, aínda que para iso teña que sacrificar na nosa Administración o achegamento ao domicilio das fillas e fillos e persoas dependentes, así como a permanencia como mérito. Hoxe 18 de febreiro tratamos na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario o concurso de traslados de educ....
Venres, 27 Febreiro 2026

RPTs de Cultura e Agacal; conv.concurso de traslados educ. infantil-coidadores/as e xerocultores/as-PSX (CP 26/02/2026)

Modificación da RPT de Cultura: chega 1 ano despois, polo que non era necesaria; e apertura contraditoria e inxustificada da dirección do CGAC a outras administracións, á vista do claro perfil técnico. Mentres, Agacal non negocia as modificaciónse pretende branquear a situación da dirección do CIAM, que semella ilegal; sen esquecer a proposta de cambios non xustificado noss...
Mércores, 18 Febreiro 2026

Neste cuadrimestre resolverase o concurso de traslados da Administración xeral

A directora xeral de Emprego Público contestou á pregunta da CIG sobre o prazo para resolver o concurso que afecta a milleiros de persoas empregadas públicas da nosa Administración na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario deste 18/02/2026. Despois de que CCOO informase de que a resolución do concurso se faría a finais de febreiro ou primeiros de marzo, na CIG non contabamos...