Novas por contido

Modificación da RPT de Cultura: chega 1 ano despois, polo que non era necesaria; e apertura contraditoria e inxustificada da dirección do CGAC a outras administracións, á vista do claro perfil técnico. Mentres, Agacal non negocia as modificaciónse pretende branquear a situación da dirección do CIAM, que semella ilegal; sen esquecer a proposta de cambios non xustificado noss CFEAs. Canto aos concursos, total desacordo coa retirada do baremo por tempo de permanencia e do achegamento a fillos/as e dependentes.

Na Comisión de Persoal de hoxe tratáronse como puntos da orde do día  os seguintes:

1. Modificación da RPT de Cultura (sen modificacións a respecto da mesa sectorial)

  • CIG: manifestamos que chega 1 ano dende as primeiras xuntanzas, o que demostra que as propostas non eran necesarias. Amais, abren a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a persoal da Administración xeral de todo o Estado, comunidades autónomas, docentes e Administración local, indo en contra do expresado na súa propia memoria: un claro perfil técnico con coñecementos imprescindibles en arte contemporánea. 
  • Votacións: en contra: CIG e CCOO; abstención: CSIF; a favor: UGT. 
  • DXEP: proposta aprobada.

2. Modificación da RPT de Agacal (sen modificacións a respecto da mesa sectorial)

  • CIG: non houbo negociación real, non entregaron a documentación requirida, e todo indica que queren facer pasar por negociación o branqueo dunha situación que semella ilegal, no referido á dirección do CIAM. Canto ás direccións dos centros de formación e experimentación agraria (CFEAs), os cambios non están xustificados, non se abordan os problemas reais dos centros e non se van resolver traendo xente doutras comunidades autónomas. Alomenos introducen o requirimento do galego, como nós pedimos.
  • Votacións: CIG e CSIF: en contra; CCOO e UGT: a favor.
  • DXEP: proposta aprobada.

3. Convocatoria do concurso de traslados: educ. infantil e persoal coidador

  • Cambios na proposta con relación á levada á mesa: adaptación á nova redacción como Instituto Cántabro de Administración Pública Rafael de la Sierra (anexo II: centros de formación para o baremo do concurso); e estes cambios na caixa de postos: 
    • inclúense 3 postos, polas alegacións da CIG: PSS19404011559011, PSS194040136220012, PSS194040136350012.
    • ofértase 1 posto, que inicialmente estaba marcado como “non exportable”, tamén por alegacións da CIG: PSS194040127001026 (inicialmente estaba na caixa de prazas, pero dentro do campo “exportable si/non”, figuraba inicialmente como “N”, e agora figura como “S”: queda coa observación de “exportable”, que quere dicir que vai incluírse na caixa de postos que se publique no DOG). 
  • CIG: non concordamos coa retirada nin do baremo por tempo de permanencia, nin do baremo de achegamento a fillos/as e dependentes.
  • Votacións:  en contra: CIG e CCOO; abstención: UGT;  a favor: CSIF.
  • DXEP: proposta aprobada.

4. Convocatoria do concurso de traslados: persoal xerocultor e PSX

  • Cambios na proposta: adaptación á nova redacción como Instituto Cántabro de Administración Pública Rafael de la Sierra (anexo II: centros de formación para o baremo do concurso); e na caixa de postos inclúese 1 posto, debido ás alegacións da CIG: PSS194040136040030.
  • CIG: reiteramos o dito para o concurso de traslados anterior.
  • Votacións:  en contra: CIG e CCOO; abstención: UGT; a favor: CSIF. 
  • DXEP: proposta aprobada.

Preguntas da CIG fóra da orde do día

  • Criterio de desempate en proceso selectivo cun único exercicio con 2 partes: hai procesos (p. ex.: C1-Educ. Infantil) cun único exercicio que ten 2 partes (con corte en cada unha), onde as bases prevén o desempate pola maior puntuación na 1ª parte; porén a publicación non desagrega a puntuación das partes, o que é unha falla de transparencia. ↪DXEP: toma nota e di que procede a publicación desagregada do exercicio.
  • Queixa pola dureza e a extensión das preguntas do exercicio de persoal subalterno desta fin de semana (33 páxinas, con preguntas moi enmarañadas). ↪DXEP: é o tribunal o que actúa neste caso de forma independente, pero toman nota para mirar os resultados deste 1º exercicio.
  • Chamamentos de gardacostas: calculamos ao groso un 30% de prazas sen cubrir, coa consecuencia, p. ex., de bases que non poden operar con normalidade e seguridade ao non ter o cadro completo para saíren as embarcacións. A toma de posesión definitiva foi hai 2 meses; canto pensan esperar para facer os chamamentos? Na mesa anterior preguntamos se era posible facelo todo dunha vez xa que, dada a distancia e o illamento das bases, as persoas interinas puideran pedir a máis próxima e así evitar renuncias e mellorar a conciliación. O persoal indica que xa saíron todas as prazas vacantes a comisión. ↪DXEP: analizarán as vacantes que hai, de cara ás OEPs e persoal interino, aínda que as solicitudes as fai a Consellaría do Mar.
  • Negociación da OEP para 2026: deberan revisarse varias escalas que teñen graves problemas de cobertura e facer unha OEP axeitada. Ademais, unha vez implantados os coeficientes redutores en bombeiras e axentes, temos claro que xa para este verán imos ter un grave problema tamén nestas escalas. Solicitamos xa unha mesa específica para analizar situacións como estas e consensuar as necesidades para a oferta (e máis aínda se van facer unha adicional neste 2026), e analizar o que está a pasar coas coberturas. ↪DXEP: sempre se teñen en conta as xubilacións basicamente do ano anterior, que son as que determinan a taxa de reposición, pero toman nota por se se producen xubilacións adicionais causadas polos coeficientes redutores no primeiro semestre de 2026.

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...