O 5 de xuño tivo lugar en San Caetano unha macroxuntanza do Comité intercentros cos comités e delegados/as de empresa das diversas consellarías.
O Comité Intercentros pediu aos comités que, dado as medidas que estar a tomar a Xunta coa Lei de medidas e aínda que xa houbo mobilizacións anteriormente, sería positivo afondar nas mobilizacións conxuntas para loitar de xeito global contra estas medidas. Ponse como exemplo diste tipo de accións a marcha desde a cidade da cultura.
Proponse para o día 21 de xuño, día do xuízo do conflito colectivo contra a Lei de medidas, xuntar un gran número de persoas para facer unha cadea humana que rodee todo San Caetano. Poríase unha faixa diante do edifico administrativo en contra das medidas e dos recortes aos servizos públicos e detrás cos favores que está a facer o PP, tanto desde Madrid como desde Galiza, á Banca, á amnistia fiscal...
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña propón facer unha concentración na Coruña diante dos Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, onde terá lugar o dito xuízo.
Despois de debatelo, faise unha votación entre as persoas asistentes á xuntanza, e aprobase facer a cadea humana en San Caetano para o día 21 de xuño con 58 votos a favor, 12 abstencións e 13 que votan en facer a mobilización o día 21 diante dos xulgados da Coruña.
O Comité de Traballo e Benestar de Lugo comunica que teñen convocada para o día 15 de xuño unha manifestación rodeando a muralla e solicita o apoio de todos os comités.
Acordase que se siga facendo un calendario de mobilizacións onde se inclúa a peregrinación a Monte Pío (residencia do Presidente da Xunta) cun cadaleito que simbolizaría os servizos públicos, tal e como propuxo o Comité de Traballo de A Coruña.
Acórdase solicitar axuda na loxística das mobilizacións á Área Publica, onde se coordinan todos os sindicatos galegos con representación no sector público.
Seguimos adiante na loita aínda que CCOO, UGT e CSIF intenten deixar vendido ao persoal do Servizo de Incendios Forestais Denunciamos a actitude desleal e irresponsable de CCOO, UGT e CSIF, que solicitaron DESPOIS DA CONVOCATORIA DA MANIFESTACIÓN, unha reunión coa Consellería do Medio Rural excluíndo a representación maioritaria do persoal. Esta manobra, xusto antes da...
O pasado venres día 17 de outubro á Mesa Sectorial trouxeron a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) Contido da proposta: Creacións de 24 postos de traballo: 1 posto de director/a, 5 postos de xefatura de servizo, 1 posto de xefatura de oficina técnica ,5 postos de xefatura de sección, 5 postos de...
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou unha xuntanza da Comisión de Persoal para o día 24 de outubro, co seguinte punto da orde do día: Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Instituto Galego da Vivenda e Solo (iGVS) Esta proposto pasou pola Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario (MSF) o pasado...