Novas por contido

O pasado venres día 17 de outubro á Mesa Sectorial trouxeron a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)

Contido da proposta:

  • Creacións de 24 postos de traballo: 1 posto de director/a, 5 postos de xefatura de servizo, 1 posto de xefatura de oficina técnica ,5 postos de xefatura de sección, 5 postos de xefatura de negociado, 1 posto base subgrupo C1 e 6 postos de arquitectos/as de funcións facultativas.
  • Propoñen a amortización de 9 postos de traballo: 1 posto de director/a, 6 postos de xefatura de servizo e 2 postos de subalterno/a

Dende a CIG valoramos positivamente que, no balance final de creacións contra amortizacións, teñan un saldo netamente superior as creacións. Tamén consideramos acaído a proposta de mérito de licenciatura en dereito e non a esixencia da titulación para un posto da Administración Xeral, aínda que solicitamos que os postos que en anteriores RPTs o teñen, lles sexa modificado nesta RPT, e pase a ser un mérito e non un requisito para ter unha consonancia entre distintos postos.

No que atinxe á amortización de postos de persoal subalterno, entendemos que polo menos debería haber dous postos por centro ou edificio, pois senón quen os supliría en caso de solicitude de vacacións, permiso de asuntos propios ou mesmo baixas médicas? No IGVS de A Coruña existe un só posto de persoal subalterno. Nas oficinas de Ferrol non hai ningún...


Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...