Novas por contido

No DOG do 3 de xullo sae publicada a convocatoria de proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, nos subgrupos A1, A2, C1 e C2 de corpos xerais.

As solicitudes están a disposición de todos/as que desexen participar nos distintos procesos na páxina web da Xunta de Galiza (www.xunta.es), premendo a icona Empregarse procesos de ingreso, habendo dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da FNMT (Fábrica Nacional da Moeda e Timbre) ou DNI electrónico.

Documentación a presentar: Xunto coa solicitude, documento de pagamento dos dereitos de exame correspondente a cada grupo.

Prazo para presentación solicitudes: 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria. Remata o 23 de Xullo de 2009.

Pagamento de taxas: Estarán exentos do pagamento das taxas as persoas con minusvaía igual ou superior ao 33%, e persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoria especial. No caso da categoria xeral terá unha bonificación do 50%. O pago das citadas taxas poderá facerse dos seguintes xeitos:

  • Sen certificado dixital. Imprimindo o documento de pagamento unha vez que está cuberto e logo realizar o ingreso en calquera entidade financeira colaboradora.

  • Con certificado dixital. Poderáse realizar o pagamento con cargo á conta do titular do certificado dende a opción de pago telemático, obtendo nese intre o xustificante correspondente.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...