Novas por contido

Non aconteceu en Marinaleda, senón en "Marineda City", e non se trata de Sánchez Gordillo, senón de dous altos cargos da Xunta que, segundo informa "La Voz de Galicia", foron agasallados nunha grande área comercial cun carro da compra cheo de produtos de primeira necesidade.

O xornal informa nestes termos sobre a familia formada por dous altos cargos: "Imaxinen, coa que está caendo, ter unha chea de fillos. É o caso da familia Vidal-Pardo Lado, que ten tres nenos pequenos, e que onte recibiu no Hipercor de Marineda [City] unha axuda en forma de carro da compra con produtos de primeira necesidade cedidos por empresas da comunidade e valorado en 300 euros. Todo grazas ao programa obxectivo 2000, posto en marcha por El Corte Inglés e AGAFAN (Asociación Galega de Familias Numerosas)."

A parella que recibiu o carro de productos de primeira necesidade para familias numerosas está formada polo secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Francisco José Vidal-Pardo y Pardo, e a directora xeral da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, Cayetana Lado Castro-Rial.

As retribucións desta parella de altos cargos atinxen uns ingresos conxuntos de máis de 135.000 € brutos anuais, bastante máis que a maioría das familias galegas, e que deberían abondar para comprar pan, fabas, arroz e cacao a discreción.

A diferencia das accións da asemblea de desempregados da CIG de Ferrol ou a do alcalde de Marinaleda en Andalucía, isto non será perseguido penalmente polas autoridades. Tampouco suscitará a indignación dos principais columnistas da prensa "libre e independente". Todo un exemplo do estado de descomposición ética do neoliberalismo que nos está a levar á ruína como sociedade.

Desde a CIG-Autonómica, consideramos que non se trata dunha cuestión privada dos dous altos cargos, senón dunha cuestión ética con relevancia pública. Algo funciona moi mal neste país cando quen recibe esta axuda é unha parella de altos cargos dun Goberno que aprobou o maior recorte salarial e de dereitos aos empregados públicos e aos traballadores en xeral, nun país no que xa forma parte da vida cotiá ver persoas desempregadas e desafiuzadas vivindo na rúa e agardando a que pechen os supermercados para recolleren comida caducada do lixo.

Descargar a nova publicada en "La Voz de Galicia" (edición local da Coruña) do 24/10/2012

Fontes:

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...