Novas por contido

Tal e como adiantamos no resumo da última Comisión de Persoal, o director xeral de Función Pública transmitiunos a intención de iniciar co novo ano unha serie de modificacións e propostas de normativa que afecta ao persoal. Entre estas propostas, a primeira que nos achega é a da modificación do Decreto 93/91 de provisión de postos no relativo á redución drástica dos prazos de toma de posesión.

A actual proposta supón un novo recorte nos nosos dereitos ao reducir o tempo para a toma de posesión tralos concursos de 1 mes a 5 días hábiles, no caso de cambio de localidade; tamén se ve afectado o tempo no caso de que non haxa cambio de localidade de 3 a 2 días hábiles. Por librar, non se libran nin o prazo de reingreso ao serivzo activo que pasa de 1 mes a 20 días hábiles. Por outra banda, redefínese o concepto de cambio de localidade como aquel que ocasione un cambio de residencia.

Na Comisión de Persoal o director xeral apuntaba que este cambio normativo ía na liña de homoxeneizar coa normativa da Administración Xeral do Estado. Porén, hai máis preocupación en axilizar a homoxeneización que supón igualarnos por abaixo que a que supón igualarnos por riba en dereitos en flexibilidade de xornada laboral, permisos ou vacacións. Sen ir máis lonxe, no BOE do 29/12/2012, a Secretaría de Estado das Administracións Públicas publicaba unhas instrucións cunha serie de interpretacións sobre os dereitos dos empregados públicos da AXE moito menos restrictivas das que acostuma a aplicar aquí a Xunta de Galiza.

Descargar documentación

Outras novas recentes

Mércores, 25 Febreiro 2026

A paciencia do santo Job ou o persoal subalterno que segue a esperar

Foi a principios dos oitenta cando a Xunta, aínda dependente de moitas e moitos funcionarios transferidos do estado para poder desenvolver unha administración moi nova, tamén comezou a facer múltiples procesos selectivos de persoal subalterno. Había moita demanda nas delegacións provinciais, máis tamén nunha maraña de centros de ensino repartidos ao longo do País dun...
Mércores, 18 Febreiro 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación contínua

No DOG do 18/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta...
Luns, 23 Febreiro 2026

Xuntanza para o calendario nas escolas infantís (AGASS e Consorcio) no curso 26/27

Onde están as horas de programación e titorías?A CIG solicitara semanas atrás, negociar o calendario para o vindeiro curso 26/27 antes da publicación do procedemento de admisión de alumnado.   Calendario de traballo para o curso 2026/27 A mediados de marzo publicarán o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 26/27. Este documento afecta ao calendario de...