Novas por contido

Onde están as horas de programación e titorías?

A CIG solicitara semanas atrás, negociar o calendario para o vindeiro curso 26/27 antes da publicación do procedemento de admisión de alumnado.

 

Calendario de traballo para o curso 2026/27

A mediados de marzo publicarán o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 26/27.

Este documento afecta ao calendario de traballo no seguinte:

  • Días de inicio de curso, sen alumnado para preparar a escola en setembro: martes 1, mércores 2 e xoves 3. O venres 4 será o día de portas abertas.
  • Días de peche en Nadal: 28, 29 e 30 (co cal as escolas estarán pechadas do 24 de decembro ao 3 de xaneiro).
  • 3 días de peche anticipado para programación e xuntanzas de equipa.
  • Incluirase unha cláusula nova na que indicarán ás familias que o incumprimento reiterado das normas será motivo de baixa na matrícula, téñense rexistrado actitudes agresivas co persoal).
  • Moverán o peche de escolas ás 15:00h o luns de entroido cando o martes sexa festivo local.

Ademais, tamén informan de diferentes cuestións que cambiarán en relación con cursos anteriores e que afectan ás familias (opción preferente de acceso a crianzas de mulleres vítimas de violencia de xénero, consulta de familias monomarentais/monoparentais, as incapacidades permanentes baremaranse como ocupación e non como desemprego, cambio de nomenclatura para un uso correcto da linguaxe (de pai/nai a proxenitor/a...)

 

Dende a CIG manifestamos:

  • Opoñémonos frontalmente a que saíra o procedemento de admisión do alumnado para as escolas privadas a principios de febreiro. Preguntamos: que se pretende facendo isto? Como non responden xa o facemos nós: motivos evidentes de favorecer a empresas privadas, prexudicando gravemente ás públicas ao permitir que as familias xa “garden” a praza un mes e medio antes na privada que na pública.
  • Ausencias masivas: na anterior xuntanza indicaron que o Consorcio tamén aplicaría o V Convenio para as ausencias masivas. Si que o fixeron a continuación da xuntanza en Semana Santa pero non se volveu facer. O xerente do Consorcio di que para esta Semana Santa se retomará a sondaxe para ver se se poden dar libranza, xa que estas dependen das necesidades do servizo tal e como recolle a norma.
  • Seguimos reclamando máis días de xuntanzas de equipa e programación. Está demostrado que 3 días por curso non é suficiente; as equipas están tensionadas por non poder comunicarse con fluidez e o labor docente non se pode desenvolver en 6 horas ao ano.
  • Seguimos reclamando que nas carteleiras se recupere a información das ratios por franxas horarias, imprescindíbel para comprobar se as quendas horarias son equilibradas e que non se superan as ratios por traballadora.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...