Novas por contido
  • Mentres o gasto en asesores da Presidencia aumenta nun 15,8%.
  • Se suspende o descanso semanal recollido no artigo 19 do Convenio do persoal laboral.
  • Deixan sen orzamentar todas as prazas vacantes sen ocupación e se amortizarán o equivalente de prazas ás do persoal que se xubile.
  • Concursos de traslados e Ofertas de Emprego Público reducidas á nada.

 

So se volverá a cobrar o complemento específico cando se acade o nivel de ingresos do 2009

No Proxecto de Orzamentos Xerais para o ano 2013 que ven de aprobar o Consello da Xunta este xoves e que remitirá ao Parlamento para a súa aprobación o Goberno da Xunta da conta das súas intencións futuras xa na exposición de motivos.

Ademais de seguir sostendo a mentira de que o recorte nas pagas extraordinarias ten carácter progresivo a Xunta establece  que manterá  “estes niveis retributivos ata que se acaden ingresos en termos similares ao momento no que se incorporou o complemento específico nas pagas extra”.

En definitiva, que os empregados/as públicos/as galegos non volveremos a cobrar a paga extra completa ata que se alcance o nivel de ingresos do ano 2009, que foi cando por primeira vez se cobrou o 100% do Complemento Específico que agora nos detraen.

O nivel de ingresos do 2009, segundo as previsións de ingresos nos Orzamentos Xerais dese ano  foron de 11.417.385,495 €, e tendo en conta o proxecto de Orzamentos deste ano e as previsións para 2014 e anos seguintes, só se acadarían ese nivel de ingresos ao redor dos anos 2019 ou 2020, tendo en conta as mellores previsións.

Con isto o que pretende Feijoo é consolidar o recorte das pagas extraordinarias en exercicios futuros, algo que ocultou nas súas declaracións.

Aumenta o gasto en asesores do Presidente

 

E é tremendamente inmoral, que no contexto destes recortes aos empregados/as públicos/as, Feijoo siga aumentando a Corte de asesores e persoal de gabinete que o rodea. O gasto en “persoal de confianza” medra na Secretaría Xeral da Presidencia, o entorno máis próximo ao Presidente, pasando de 785.234 € no 2012 a 908.818 € no 2013. Feijoo gasta un 15,8% máis en rodearse de amigos mentres recorta aos empregados públicos.

 

Suspensión do artigo do Convenio Colectivo que fai referencia ao descanso semanal

 

A Lei de medidas suspendera xa as garantías e compensacións horarias aos traballadores que traballan en domingos e festivos, pretendendo a Xunta substituír estes descansos por cartos.

Tendo a Xunta sentenzas en contra en relación ao descansos de quen traballan en noites e non querendo executar ningunha delas, agora a maiores suspende o único punto que quedaba en vigor do artigo que fai referencia ao réxime de descansos suspendendo o dereito ao descanso semanal de dous días ininterrompidos que establece o art. 19.1 do Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza.

Isto vai afectar fundamentalmente a todo o persoal que presta servizos en residencias de maiores, centros de menores, etc, que traballan a quendas e ao que van intentar que se lles solapen os descansos semanais, cos propios da saída da quenda de noite, ou coa compensación horaria por traballar en domingos e festivos.

Isto forza ao máximo a capacidade dos traballadores/as de prestar un servizo de calidade en condicións dignas para os usuarios e pretende degradar os servizos sociais e asistenciais públicos de cara a unha próxima privatización.

 

Redución de prazas vacantes, da Oferta de Emprego Público e dos concursos de traslados.

 

Como novidade para o ano 2013, non se van recoller no anexo de persoal as prazas das correspondentes Relacións de Postos de Traballo que se encontren vacantes sen ocupación, tal e como di o art. 23 da Lei de Orzamentos Xerais de 2013.

Isto vai reducir non só as contratacións, senón a posibilidade de mobilidade dos empregados/as públicos/as ao quedar os concursos de traslados reducidos a nada, ao tempo que pecha a vía da promoción interna ao non haber prazas ás que promocionar, polo que converte as Ofertas de Emprego Público en papel mollado, algo que tamén se confirma cando ditan no art. 32 que “durante o exercicio do 2013, as incorporacións de persoal funcionario, laboral e estatutario fixo, derivadas dos procesos de selección e provisión, non poderá supoñer en ningún caso un incremento dos efectivos que ocupen prazas dotadas orzamentariamente”.

A isto hai que sumar que no 2013 amortizaranse un número de prazas equivalente, ao menos, ao das xubilacións que se produzan.

A combinación destes tres elementos significa, que non se van poder convocar procesos selectivos nin concursos que non sexan con prazas ocupadas e orzamentadas, o cal reduce calquera OEP e os concursos de traslados á nada.

 

A CIG-Autonómica considera que estes Orzamentos consolidan os recortes de cara ao futuro, degradan o sistema de dereitos, bloquean a mobilidade e a promoción dos empregados públicos e conducen á Administración Pública galega cara ao abismo da desintegración e a privatización.

Fronte a isto continuaremos coas mobilizacións este vindeiro ano para tratar de frear a mentira e as políticas agresivas de Feijoo.

Nota de prensa enviada aos medios

Outras novas recentes

Mércores, 01 Outubro 2025

RPT de Medio Rural e RPT da administración especial para poder finalizar o concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

O venres 26/09/2025 celebrouse a Comisión de Persoal onde se levaban dous asuntos,   RPT de Medio Rural Estamos en contra dunha modificación de RPT na que se amortizan 14 postos de traballo para crear 7. Sen os postos derivados do decreto de estrutura temos que se destrúen 7 postos para crear 2 e para financiar a inmoral e insolidaria suba do complemento específico dos...
Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...
Xoves, 02 Outubro 2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e...