Novas por contido

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos realizou concentracións nas sete cidades e ten convocada unha nova protesta o martes 26 diante do Parlamento

Na tarde deste xoves, as prazas das cidades galegas volvéronse encher de consignas en contra do proxecto de orzamentos da Xunta para 2013. Uns orzamentos que poñen en perigo a continuidade e a calidade dos servizos públicos, promoven a supresión de prazas e o despedimento de persoal, e deterioran aínda máis as condicións laborais e económicas dos traballadores e traballadoras das administracións.

Desta volta as protestas promovidas pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos están centradas na oposición aos orzamentos da Xunta para 2013, xa que estes afondan na destrución de servizos públicos, van máis alá das directrices de recortes marcadas polo estado español e suporán o “toque de graza” para a débil situación dos servizos públicos.

Neste senso, os Orzamentos galegos para 2013 afectarán ao funcionamento de servizos tan importantes como xustiza, universidades públicas, os servizos propios da Xunta ou os prestados polas administracións locais. Neste último caso veranse afectadas de forma directa e indirecta polos recortes de achegas económicas que facía a Xunta para a prestación de servizos como axuda no fogar ou emerxencias. Uns servizos que están en moitos casos xa desaparecidos e noutros en vías de extinción, pero que con estes orzamentos desaparecerán totalmente.

Neste momento tamén se atopan en conflito as universidades, xa que alén do recorte económico, comezou a transposición da Lei de Medidas Temporais en Determinadas Materias do Emprego Público. Estase negociando en cada unha das tres universidades cos mesmos resultados que os obtidos para o propio persoal da Xunta e concellos: anúlanse convenios directamente e impóñense as modificacións de xeito unilateral.

Aparte dos cambios nas condicións laborais e salariais estes orzamentos son tan agresivos contra as universidades que suporán a desaparición de moitos dos servizos que estaba a prestar até agora (como bolsas de investigación) e non se descarta que por este motivo haxa regulacións de emprego e despedimentos.

A maiores, a propia Xunta de Galiza aniquila os servizos propios que tería que prestar e en moitos casos xa nin agarda á aprobación definitiva dos orzamentos, senón que comezou a reorganizar aos seus efectivos, eliminando postos de traballos das RPTs, como xa fixo nos centros escolares cos servizos de comedores.

Así, neste momento comeza unha reestruturación da Consellaría de Traballo na que a administración fai unha proposta de amortización de case 300 postos de traballo, na que se inclúen prazas ocupadas por persoal fixo, que previsibelmente acomodarán noutros departamentos; mais tamén se amortizan outras prazas ocupadas por persoal laboral indefinido que será despedidos coas condicións impostas pola reforma laboral do, co agravante que neste caso son 20 os postos afectados, porque se fosen 30 terían que presentar un ERE e seguir a tramitación legal correspondente.

A respecto da destrución de emprego na administración, atópase o caso paradigmático do complexo xuvenil das Mariñas no que se amortiza todo o persoal de comedor, parte de limpeza e de almacén, deixando os centros practicamente sen persoal para atendelo. Estamos á espera de que o PP aclare que pretende facer con este complexo, pero sospeitamos que a intención final é dalo en concesión a empresas privadas amigas. O panorama que se nos presenta é moi escuro e as previsións de desaparición de servizos prestados directamente pola administración é enorme-

De igual xeito,a agresión destes orzamentos aos servizos públicos é total, pero aínda resultan máis agresivos coas condicións económicas e laborais do persoal que traballa na administración. É sangrante que a Xunta impoña un recorte do 40% das pagas extras cando estas están contempladas integramente na lei de orzamentos do estado español.

Agardamos que o Goberno de Feijoo reflexione sobre a necesidade de garantir os servizos públicos, e que o conxunto da sociedade entenda que esta non é unha loita só dos traballadores e traballadoras das administracións na defensa das condicións laborais, senón que o que está en xogo é o mantemento dun servizos públicos de calidade para todos os galegos e galegas.

Coincidindo coa data de votación dos Orzamentos da Xunta para 2013, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ten convocada unha nova concentración o vindeiro martes 26 de febreiro, dende ás 12:00 horas, ás portas do Pazo do Hórreo.

Outras novas recentes

Venres, 26 Xuño 2026

A CIG esixe explicacións pola falta de postos na elección de destino de corpos xerais

Dende a CIG solicitámoslle a Emprego Público que nos aclare posto a posto a tremenda desfeita que está a facer nos procesos de elección de destino dos corpos xerais. Temos moitísimas queixas de persoas traballadoras que están nestes procesos e que non saben o motivo de que se “comeran” tantos postos. Non sabemos se en Emprego Público pensan que só son “dúas ou tres persoas...
Mércores, 17 Xuño 2026

Xefaturas de sección (corpos xerais), sentenzas de destino definitivo, persoal veterinario e escolas infantís (MSPF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSPF), dende a CIG puxemos enriba da mesa as seguintes cuestións:A1-xefaturas de sección que non saíron no concurso de traslados; chamadas de Emprego Público indicando a persoas con tomas de posesión feitas que teñen que elixir outro destino (sentenzas de destino definitivo); aclaración sobre o persoal veterinario que superou...
Venres, 26 Xuño 2026

O totum revolutum de Emprego Público: a nova receita do caos nas eleccións de destino

Hai días nos que un pensa que a capacidade de Emprego Público para sorprendernos chegou ao límite, pero despois supéranse. Vaia cristo formaron! Se o obxectivo era xerar o caos absoluto e cabrear a todo o persoal, temos que darlles un aplauso. Conseguírono. Non sabemos moi ben quen está aos mandos da cociña en San Caetano, pero decidiron que a mellor forma de xestionar os...