Novas por contido

Achegarnos a Administración unha nova relación de postos vacantes, desta volta das categorías III-066 e IV-011, que serán ofertados con carácter de destino definitivo ao persoal que superou os procesos selectivos derivados da OEP 2005 e que se atopa actualmente en destino provisional.O acto de elección destas categorías quedaría para despois de Semana Santa. Descargar.

Por outra banda, con relación á categoría de Coidador/a Auxiliar (IV-004), desde a CIG vimos de elaborar a seguinte listaxe para os postos itinerantes das 4 provincias. Na dita listaxe podedes atopar o centro de traballo actual do dito posto. Descargar.

Outras novas recentes

Martes, 25 Agosto 2026

En que plan estamos? U-los recursos para desenvolver a ampliación da formación do funcionariado incluída no novo Plan da lingua galega

O novo Plan da lingua galega promete aumentar a formación do funcionariado sen contar cos recursos precisos Urxe unha solución para o persoal laboral da categoría de titulado/a superior lingüista ao non se corresponder a carga de traballo coa xornada parcial aprobada pola RPT O día 13 de xullo de 2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se nomean...