Novas por contido

A CIG e o resto de organizacións presentaron un escrito para solicitar que os grupos IV-004 e IV-005 tomen posesión xunto cos demais e non se adíe ata o verán e solicitaron tamén unha reunión co director xeral da Función Pública.

Con data do 03.04.13 se lle comunica ás organizacións sindicais por parte da Dirección Xeral da Función Pública as datas de toma de posesión postos adxudicados ao persoal laboral dos grupos I, II, III e IV no último concurso de traslados e na elección de destino definitivo dos últimos procesos selectivos.

Nesta comunicación a Dirección Xeral de Función Pública establece unhas datas de referencia para ambos colectivos (as traballadoras e traballadores que proceden dos procesos selectivos convocados no ano 2006 e os traballadores que obtiveron praza no último concurso), pero dun modo sorpresivo e certamente difícil de comprender, exclúe a dúas categorías (Coidador Auxiliar IV-4 e Oficial 2º de Cociña (IV-5). da dita toma de posesión ou elección de destino definitivo.

A motivación esgrimida pola Administración, para arremeter contra os dereitos destas traballadoras e traballadores, ven dada por “evitar alteracións que repercutirían negativamente en colectivos especialmente sensibles ao cambio como son os nenos con necesidades educativas ou alimentarias especiais.”

Ante esta situación a CIG e o resto de organizacións sindicais manifestamos a nosa oposición a tal medida de carácter arbitrario e discriminatorio e iso polas seguintes razóns:

En primeiro lugar, compre salientar que os traballadores que agora van tomar posesión definitiva dos seus postos, son traballadores/as participantes nun proceso selectivo convocado en abril de 2006, e levan en destino provisional dende o 2008. O abuso que esta a efectuar a administración da figura do destino provisional agravase aínda mais nas categorías de referencia, pois non soamente este colectivo ten que estar mais de cinco anos nesta situación EXCEPCIONAL, senón que ás categorías mencionadas, por se aquilo non fora bastante se lles prolonga esta situación varios meses mais.

Isto supón ademais unha evidente discriminación deste persoal respecto dos seus compañeiros de promoción xa que tendo dereito a unha antigüidade idéntica na administración similar, o feito de adiar a súa toma de posesión definitiva suporíalle un evidente prexuízo no seu dereito a carreira administrativa, tanto no que respecta a prazos de promoción interna horizontal, promoción interna vertical ou participación en sucesivos procesos selectivos. Estas últimas consideracións poden facerse igualmente respecto ao persoal que toma posesión dos seus postos obtidos por concurso de traslados.


Respecto a argumentacións esgrimidas pola Administración sobre o pretendido prexuízo que se lle causa aos rapaces, cabe salientar que:

Os oficiais de cociña 2ª non teñen trato directo cos rapaces mencionados. Pretender sustentar que un cambio de “cociñeiro” é motivo suficiente para non incorporar a un traballador fixo da Xunta e dubidar da súa profesionalidade e saber facer.


No que atinxe ao cambio dun cambio circunstancial de coidador, non supón ningunha diferenza o facelo agora ou o facelo a principio de curso. E máis, o cambio a principio de curso anual non so comporta o cambio de coidador, senón que, a maior abastamento, soe conlevar, cambio de compañeiros, cambio de mestre, sen que xurdan problemas de adaptación. Novamente a administración de Galicia parece poñer en dúbida a capacidade dos seus propios traballadores.

A discriminación respecto destas dúas categorías é aínda maior, tendo en conta que existen outros postos de traballo doutras categorías, tamén pertencentes a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tamén relacionados co traballo con rapaces con esta necesidades de apoio educativo e SEN EMBARGO non se adía a súa toma de posesión. Este é o caso da Categoría de Educadores.

O mesmo cabe argumentar respecto da categoría de Técnicos/as de Xardín de Infancia ou os oficias de 1ª de cociña, da Consellería de Traballo e Benestar.

Por outra banda dicir, que para casos excepcionais derivados do normal funcionamento dos servizos o Decreto de Provisión 93/91, do 20 de marzo, establece a posibilidade de adiamentos de ceses ou prorrogas de incorporación, mecanismos regulamentarios que serían os xuridicamente aconsellables para os casos singulares e debidamente motivados que puideran xurdir, sen que sexa aceptable para a CIG e o resto de organizacións sindicais o modo de proceder da Xunta de Galiza no presente caso por ser claramente lesivo aos dereitos dos traballadores afectados.

E por elo polo que a CIG e o resto de organizacións sindicais solicitamos con carácter de urxencia unha reunión conxunta co director Xeral da Función Pública.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...