Novas por contido

Por primeira vez en anos, os directores das Residencia de Maiores, Centros de Menores e CAPD da Coruña, aparecen a primeira hora dun domingo nos seus postos directivos, obrigados para exercer o control sobre as presencias dunhas carteleiras, que eles mesmos inflaron a proposito, co fin de obrigar ao persoal a traballar dous domingos consecutivos, 7 días continuados e quendas de 3 noites de servizo. A pesar de cobrar o complemento de especial responsabilidade é a primeira vez no exercicio do seu cargo de libre desginación (a dedo), que os directores aparecen polos Centros que dirixen. Circunstancia que sorprendeu aos traballadores ao ver, por primeira vez na súa vida, a un director acudir ao seu posto en domingo.

A xornada de folga desenvolveuse sen incidencias, con concentracións nas residencias de Caranza en Ferrol e Porta do Camiño en Santiago de Compostela.

O Comité de Empresa non ten datos de porcentaxe de participación na Folga, pero non era este o obxectivo primordial da convocatoria (non buscamos penalizar aínda máis ao persoal laboral con días de desconto), que tiña como referencia denunciar a sobrecarga de traballo que supón impoñer quendas de traballo abusivas, inxustas e discriminatorias. Este finalidade queda demostrada; os domingos pode prestar funcións o persoal fixado como servizo mínimo e solo é unha imposición arbitraria e caprichosa incrementar con persoal a maiores os departamentos, retirando mesmo de luns a venres a persoal das quendas para "engordar" os domingos. Tampouco existe intención  por parte da consellería de Traballo e Benestar de ao contrario que si fai co persoal directivo, compensar con tempo de descanso o traballo en domingos e festivos.

O Comité de Empresa reitera a súa oferta de dialogo á conselleira Beatriz Mato para resolver este conflicto, que deteriora as condicións de traballo nos centros e supón un ataque ao dereito ao descanso do persoal laboral das residencias de maiores, centros de menores, CAPD A Coruña e complexo xuvenil As Mariñas.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...