Novas por contido

No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Xoves 3 de Setembro de 2009, faise público modificación das listaxes definitivas de admitidos e excluidos publicado no DOG nº 50, do 12 de Marzo, nos seguintes procesos selectivos da OEP 2008:

  • Consolidación de emprego para o ingreso no Corpo Auxiliar da Xunta de Galiza, subgrupo C2.
  • Consolidación de emprego para o ingreso no Corpo Administrativo da Xunta de Galiza, subgrupo C1.
  • Corpo de Xestión da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A2 (acceso libre).
  • Consolidación de emprego para o ingreso no Corpo de Xestión da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A2.
  • Corpo Superior da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A1 (acceso libre).
  • Consolidación de emprego para o ingreso no Corpo Superior da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A1.
  • Corpo Auxiliar da Xunta de Galiza, subgrupo C2 (acceso libre).

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...