Novas por contido

A CIG-Autonómica quere denunciar perante a opinión pública unha situación que se vén sufrindo no interior do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Se as semanas anteriores eran as altas temperaturas soportadas no interior do Edificio Administrativo, nesta ocasión queremos demandar unha solución inmediata para un problema de fácil amaño se o persoal e os/as cidadáns/ás que se dirixen á Xunta, lle importasen o máis mínimo aos seus dirixentes.

Hai preto dun ano que se comezou a solucionar un problema de electrificación dentro do edificio (problema no que a Xunta ten que refacer o que antes fixo mal) e para isto fanse necesarios uns traballos que requiren mover en determinadas actuacións o falso teito que cobre os lugares de traballo e os lugares reservados para a atención ao público. Pois ben, desde hai ese tempo, o falso teito está retirado en boa parte das instalacións co conseguinte desprendemento de po, partículas en suspensión e no día de hoxe ata auga nun dos andares. Se coas temperaturas que se soportan no edificio administrativo, engadimos que o persoal (toda a xornada) e os/as cidadáns/ás (cando teñen que dirixirse alí) teñen tamén que aturar a continua caída sobre eles destes refugallos, faise máis que comprensivo o enfado destes e destas coa administración.

Tanto desde a Xunta de Persoal como desde o Comité de Seguridade e Saúde, as organizacións sindicais vimos pedíndolle á Delegación Territorial, por escrito e en xuntanzas desde que comezaran as interminables obras, que se limitase a retirada do falso teito ás zonas onde se traballa diariamente, para así minimizar as molestias para todos/as. Pois a Xunta, como é habitual, dá a calada por resposta e non resolve o fácil problema que está a xerar doenzas e proídos continuos nos ollos en varios traballadores e traballadoras. Deste xeito, a única solución que nos dá unha e outra vez é a de buscar solucións fóra do ámbito de entendemento.

Desde a CIG-Autonómica queremos esixirlle á Xunta de Galicia que se solucione dunha vez por todos este problema que vén xerado pola negativa da Xunta a ter cubertos os teitos dos andares do edificio administrativo.

Outras novas recentes

Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar